TURISMO
TIME escolle a Santiago entre os 100 mellores lugares do mundo para visitar no 2021
Santiago de Compostela é un dos destinos turísticos incluídos na The World´s Greatest Places of 2021, unha selección dos 100 lugares máis destacados de todo o mundo para visitar e explorar neste ano elaborada por TIME, unha das publicacións máis lidas e prestixiosas do mundo.
FESTAS
Santiago encherase de luz e cor cos Fogos do Apóstolo do día 31 e os do día 24, que se lanzarán desde cinco localizacións distintas
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou hoxe o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por segundo ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións, o que, explicou Muíños, evitará aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Con elo facilitarase o cumprimento das...