URBANISMO
Reunión da Comisión Especial para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro
15/07/2021
Ler máis
Hoxe reuniuse a "Comisión especial para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro". Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, na comisión estívose traballando sobre as diferentes propostas "que se van levar para a Declaración Ambiental Estratéxica, ao pleno do videiro día 29" de xuño.
FESTAS
As festas do Apóstolo volven poñer en valor o Traxe Galego
15/07/2021
Ler máis
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, acompañado pola presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e pola vicepresidenta da entidade, Rosa López, presentou unha nova edición do Día do Traxe Galego, unha desas citas que xa vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo. De feito, esta é xa a edición número 42 deste Día do Traxe, que se celebrará o martes 27 de xullo.