PLENO
O Pleno aproba o texto refundido da modificación puntual do Plan especial da Cidade Histórica que emenda os defectos formais sobre os aloxamentos temporais
O Pleno do concello de Santiago aprobou, cos votos a favor do Grupo Socialista e de Compostela Aberta e a abstención do BNG e o PP, o texto refundido da modificación puntual do "Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial", en execución da sentenza do TSXG número 547/2020.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía local localiza o autor dun atropelo a unha muller o pasado xoves que se dera á fuga
O equipo de Atestados da Policía local localizou no día de onte ao condutor dun vehículo que atropelara unha muller o pasado xoves e que se dera á fuga. A falta de testemuñas complicou as pesquisas, pero grazas ao labor de investigación realizado polos axentes, o autor puido ser localizado.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia cumpre 25 anos
A Real Filharmonía de Galicia daba os seus primeiros pasos o 29 de febreiro de 1996. A orquestra cumpre 25 anos cunha traxectoria xa consolidada, baixo a xestión do Consorcio de Santiago, organismo interadministrativo no que cooperan o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Con sede na cidade de Santiago, no Auditorio de Galicia, traballa por levar a música a Galicia enteira.