ACCIÓN CULTURAL
Preséntase a publicación "Caracois de Belvís", de Lupe Gómez, obra gañadora dos Premios SELIC 2019
08/01/2021
Ler máis
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou hoxe a publicación "Caracois de Belvís", obra gañadora dos segundos Premios SELIC de creación literaria (2019), que a súa autora, Lupe Gómez, define como un mapa poético de Compostela. O libro, do que se editaron mil exemplares, pódese solicitar no Teatro Principal e está previsto que se reparta tamén en bibliotecas e Centros Socioculturais.
ALCALDÍA
O alcalde ve xustificadas e necesarias novas medidas para conter a terceira vaga da pandemia e chama á responsabilidade de toda a cidadanía
08/01/2021
Ler máis
Á espera de novas restricións por parte da Xunta de Galicia, o rexedor compostelán indicou en rolda de prensa que apoiará a decisión que se tome e que agarda que estas sexan "acertadas e eficaces" para poder frear o aumento dos casos na cidade, que chegan no día de hoxe a 298 en total.