PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio presenta a súa oferta turística, patrimonial e cultural en Moscova
Preto de 80 axentes de viaxes e medios de comunicación de Moscova asistiron onte á presentación da oferta turística e patrimonial das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España, nun acto que contou co embaixador na capital rusa, Fernando Valderrama; a representante da Consellería de Turismo de España en Moscova, Tatiana Dokuchaeva, así como unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio encabezada polo presidente do Grupo e alcalde de Cuenca, Ángel Mariscal, xunto co alcalde de Ávila, José Luis Rivas.
IGUALDADE E MEDIO RURAL
Aberta a preinscrición para o Programa de Conciliación no Rural, que xirará sobre a promoción da igualdade
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, deron conta hoxe do programa de conciliación que se levará a cabo no rural de Compostela durante o mes de xullo. As familias do rural contan, un ano máis, cun programa lúdico-educativo executado por persoal formado.
CENTROS CÍVICOS
A rede de Centros Cívicos celebra o Mes das Letras
A rede de Centros Cívicos acollerá ao longo de todo o mes numerosas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este 17 de maio se lle dedica a Antonio Fraguas. Serán propostas transversais, que implicarán a diferentes espazos da rede, que procurarán o interese de públicos diversos e que apostarán polo uso educativo das contornas da cidade.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado 9 de maio en Torre Pacheco (Murcia).
CONSORCIO
O prazo para inscribirse no curso de Especialización Instrumental da EAEM remata o vindeiro 23 de maio
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2019-2020. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o procedemento de licitación dos Fogos do Apóstolo, con maior dotación que en 2018
A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar o procedemento de adxudicación dos Fogos do Apóstolo, cun orzamento incrementado en máis de 40.000 euros con respecto a 2018. Será o Consorcio quen financie o espectáculo, cunha achega de 260.000 euros.
MEDIO AMBIENTE
ACUAES aproba o documento descritivo para a licitación do contrato da redacción do proxecto e execución da EDAR da Silvouta
O Consello de Administración de ACUAES deu hoxe un novo paso para a licitación da nova estación depuradora de augas residuais da Silvouta. O órgano aprobou o documento descritivo para a licitación do contrato de redacción do proxecto, execución das obras e explotación da EDAR, unha actuación que será sometida ao procedemento do diálogo competitivo.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello organiza con Woman Emprende a I edición da Feira de Emprendedoras de Compostela
A Concellaría de Desenvolvemento Económico organiza co programa Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela a I Feira de Emprendedoras de Compostela, dedicada ás mulleres que emprenden no sector artesanal. Esta feira nace co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.
MERCADOS E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Praza de Abastos lanza a campaña "Na porta da túa casa" para potenciar os pedidos a domicilio
As concelleiras de Desenvolvemento Económico e Mercados, Marta Lois e Noa Morales, e a xerenta da Praza de Abastos, Marta Rey, deron conta hoxe da nova campaña posta en marcha polo Mercado para potenciar os pedidos a domicilio.
ALCALDÍA
Inaugurada en Fonseca a mostra do Legado Maside
Este mediodía quedou aberta, no Comedor do Pazo de Fonseca, a exposición das 21 pezas que conforman o Legado Maside e que foron adquiridas polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Deputación da Coruña para darlle cumprimento ao desexo do pintor de que a súa obra estivera en Compostela. O alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, participou na apertura da mostra xunto coa xerenta do Consorcio, Belén Hernández; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o reitor da USC, Antonio...