BENESTAR ANIMAL
Esther Pedrosa agradece o donativo entregado por Xosé Manuel Budiño e a revista Coralia ao Refuxio de Animais de Bando
A concelleira de Benestar Animal, Esther Pedrosa; e a directora do
Refuxio de Animais de Bando, Olalla García, recibiron esta mañá a doazón procedente das vendas do último traballo de Xosé Manuel Budiño, Fulgor, durante a presentación de Coralia. Revista Compostelá de Tendencias.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo, optimista sobre a retirada da cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros vinculante para a ampliación da intermodal
Encontro cordial e produtivo. Así definiron o alcalde de Santiago, Xosé Sanchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a xuntanza mantida hoxe, na que trataron os proxectos nos que Xunta e Concello traballan conxuntamente. Entre eles, a EDAR, a intermodal ou o transporte público. Na comparecencia posterior ante os medios, Ethel Vázquez amosouse favorable a eliminar a cláusula de 3,5 millóns de viaxeiros que condiciona futuras actuacións na intermodal.
ALCALDÍA
O alcalde pide á presidenta de Adif a retirada da cláusula que condiciona as obras futuras da Intermodal aos 3,5 millóns de viaxeiros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, solicitoulle á presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, a retirada da cláusula incluída no convenio da estación intermodal asinado en 2016 que estipula que a segunda fase da nova estación de Alta Velocidade de Compostela se abordaría cando se acadasen os 3,5 millóns de viaxeiros. Foi no transcurso da reunión mantida hoxe á que tamén asistiu a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. O encontro, segundo explicou o rexedor, centrouse nos convenios asinados ao...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este pasado sábado en Elche (Alacante).
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu a Manuel Muñoz, coronel xefe do Aeródromo Militar de Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Manuel Muñoz Mompó, coronel xefe do Aeródromo Militar de Santiago.
PLENO
O Pleno dá o visto bo a suplementos de crédito por 7,5 millóns de euros para pagos pendentes e amortización de débeda
O Pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou en sesión extraordinaria dúas propostas de suplemento de crédito e crédito extraordinario presentadas pola concelleira delegada de Economía e Facenda, Marta Abal. Dunha banda, deuse o visto bo a un suplemento de crédito de 1.524.572,77 euros e a un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e, da outra, a un suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de máis de 2,3 millóns de euros en axudas para actuacións nas ARI
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns as bases e a convocatoria de subvencións á rehabilitación no ámbito das catro áreas de rehabilitación integral (ARI) coas que conta a cidade: Casco Histórico, Vista Alegre, grupo de vivendas Compostela e Quiroga Palacios (Pontepedriña) e Vite. En total, son 2.310.000 euros que servirán para financiar 237 actuacións nestes ámbitos.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece un concerto gratuíto na igrexa de San Martiño Pinario
A igrexa de San Martiño Pinario será o escenario do vindeiro concerto da Real Filharmonía de Galicia. Será este venres, 19 de xullo, ás 21:00 horas. Esta iniciativa, que é gratuíta ata completar aforo, enmárcase no propósito da RFG de achegar a música clásica e a orquestra a diferentes puntos da cidade e a públicos diversos. A batuta levaraa o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da orquestra.
CONSORCIO
O Consorcio toma medidas para protexer as colonias de aves e quirópteros que habitan no tellado da igrexa de Santa María de Marrozos
O Consorcio de Santiago está a intervir na igrexa de Santa María de Marrozos, situada na parroquia homónima. As obras, que se centran nas cubertas e nas fachadas do inmoble, tiveron que pararse durante dúas semanas debido á presenza de especies protexidas que aniñan no seu tellado, co propósito de non afectar o seu ciclo natural.
FESTAS
Luís Zahera abrirá unhas festas do Apóstolo diversas e con nomes destacados como como Xoel López, Chico César ou La Casa Azul
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou este venres o programa das festas do Apóstolo, que este ano se celebrarán do 19 ao 31 de xullo. O actor compostelán Luís Zahera será o encargado dun pregón que abrirá trece días de festas con importantes nomes do panorama musical, como Xoel López, Chico César, La Casa Azul ou La M.O.D.A, e con propostas para todos os públicos.