ACCIÓN CULTURAL
O Pazo de Raxoi acolle a gravación do vídeo de presentación do libro de Suso de Toro, "Un señor elegante", que conta a historia da familia Baltar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participaron na gravación dun vídeo, que serviu como acto de presentación no concello do libro "Un señor elegante", do escritor Suso de Toro. A obra ten como protagonista á familia Baltar, unha saga oriúnda de Padrón e veciña da cidade de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba o expediente de crédito para a utilización do remanente e dúas adxudicacións de Smartiago
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, acordou a aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario para atender ao pagamento de sentenzas, para a realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural, e para a concesión de axudas no ámbito da cultura, do comercio e a hostalería local por un importe total de 9.501.325,45 euros, financiado na súa totalidade con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019. Esta cantidade, pódese...
ACCIÓN CULTURAL
O Concello repartirá dez mil exemplares da publicación "Compostela nos tempos de Nós" entre a cidadanía de Santiago
A concelleira de Cultura, Mercedes Rosón, acompañada da investigadora e historiadora Mercedes Vázquez Bertomeu presentou o caderno "Compostela nos tempos de Nós", editado polo Concello de Santiago. A publicación describe aquela cidade de hai cen anos, que entraba na modernidade da man da xeración Nós. Rosón describiuno como "un traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e o contido".
EMPREGO
Talentia Summit ‘20 ofrece 18.000 prazas en centos de actividades na maior feira virtual de emprego
Do luns 23 ao venres 27 de novembro de 2020 celébrase a nova edición de Talentia Summit, 100% virtual e con ofertas de emprego activas, cursos de formación, certificacións oficiais e un foro de conferencias estratéxicas. O período de inscrición abrirase este sábado 14 de novembro ás 18.00 h. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo técnico municipal de Emprego, Xavier Ferreiro, presentou esta mañá en rolda o contido do foro.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas nas Illas Baleares e Xirona, vítimas da violencia machista.
ALCALDÍA
O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo celebra a súa primeira reunión
O grupo de expertos dos ámbitos cultural, a arte e a xurisdición civil, penal e eclesiástico para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo mantivo hoxe a súa primeira reunión para comezar a estudar as últimas evidencias en torno ás figuras, defender a súa protección patrimonial e valorar accións conxuntas para a súa reintegración no patrimonio público seguindo unha folla de ruta consensuada como se fixo no caso do Pazo do Meirás.
ALCALDÍA
O alcalde recibe as gañadoras do concurso de arquitectura Driehaus cunha proposta de rehabilitación da rúa Caramoniña
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, recibiu a Eva Niño, Elia San Román e Carme Carral, integrantes do estudo de arquitectura gañador do Concurso de Arquitectura Driehaus, cunha proposta de rehabilitación para a rúa da Caramoniña.
ALCALDÍA
O Pleno debaterá o martes 17 de novembro o destino do remanente de tesourería do Concello
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou en rolda de prensa a proposta do goberno municipal, que prevé destinar 3,5 millóns de euros a axudas directas para os sectores máis afectados pola pandemia (hostalería, comercio e cultura) e 4,5 millóns de euros á realización de diversas obras.
TURISMO
O sector turístico de Santiago incrementa a súa aposta polo SICTED pese á Covid-19
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participou na Mesa da Calidade que se celebrou telematicamente e na que dende Turismo de Santiago se presentaron os resultados do proceso de implantación do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) correspondente ao ano 2020.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello e ALCER suman esforzos para concienciar a poboación sobre a necesidade de doar órganos
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, e o coordinador da Asociación para a loita contra as enfermedades de ril (ALCER), deron conta hoxe en rolda de prensa do programa posto en marcha para sensibilizar a distintos colectivos da poboación sobre a doazón de órganos.