XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba catro convenios de colaboración que contemplan axudas de 50.000 euros para actividades culturais
A Xunta de Goberno local, reunida onte en sesión extraordinaria, aprobou o texto de catro convenios de colaboración con outras tantas entidades, polos que destinará un total de 50.000 euros, mediante axudas directas, a financiar distintas actividades culturais.
EMPREGO
Talentia Summit abre o prazo de inscrición para todas as actividades de formación e emprego
A web de Talentia Summit comezou a inscrición en ofertas de emprego, videochamadas con empresas, cursos de formación, certificacións oficiais e webinars entre moitas outras actividades e xa rexistrou máis de 2.000 inscricións e actividades e 10.000 usuarios nas primeiras 24 horas dende a súa apertura. A programación completa do evento, que se celebrará do 15 ao 26 de novembro no edificio Fontán da Cidade da Cultura, foi presentada en rolda de prensa polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o técnico...
CONSORCIO
Xuntanza da Comisión Executiva do Consorcio
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde de Santiago e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un xuntanza esta mañá na súa sede.
TURISMO
Comeza a segunda edición do Santiago(é)Cóctel
O certame, organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, desenvolverase ata o 28 de novembro con 23 cócteles a concurso.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E EDUCACIÓN
O Concello de Santiago oferta 360 prazas de conciliación para este Nadal
Os concelleiros de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e o de Educación, Rubén Prol; informaron hoxe dos programas de conciliación de ambos departamentos para o período de Nadal, que unidos aos da concellaría de Medio Rural, suman 360 prazas. Todas as actividades que se van desenvolver son de balde, agás os obradoiros das Escolas Infantís.
TURISMO
Santiago é a segunda cidade do Estado en Calidade Turística Española en Destinos
Turismo de Santiago deu conta dos resultados da capital galega, que conta con 108 empresas e servizos propostos para recibir a distinción de calidade SICTED, vinte e catro máis que en 2020.
TURISMO
En marcha a XIII edición de Santiago(é)Tapas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras, inauguraron o XIII Santiago(é)tapas, que se celebrará do 11 ao 28 de novembro. O grupo achegouse ata o local gañador da tapa tradicional na pasada edición do concurso, Casa dos Xacobes, na rúa da Algalia de Abaixo 33, para probar o petisco que presenta nesta ocasión.
SMARTIAGO
Preséntase o proxecto de desenvolvemento de algoritmos avanzados de modelado e simulación peonil, enmarcado en Smartiago, que permitirá deseñar novas estratexias de mobilidade sostible
O proxecto de investigación e desenvolvemento de algoritmos avanzados de modelado e simulación peonil, enmarcado en Smartiago, permitirá deseñar novas estratexias que fomenten unha mobilidade máis sostible e contribuir a sustentabilidade medioambiental. Presentárono hoxe o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, e responsable do proxecto Smartiago, Sindo Guinarte; e Lorena Rosende e Diego Piñeiro, CEO e responsable da área de Smart Cities, respectivamente, de Itera Técnica, a empresa adxudicataria do...
SMARTIAGO
Presentado el proyecto de desarrollo de algoritmos avanzados de modelado y simulación peatonal, enmarcado en Smartiago, que permitirá diseñar nuevas estrategias de movilidad sostenible
El proyecto de investigación y desarrollo de algoritmos avanzados de modelado y simulación peatonal, enmarcado en Smartiago, permitirá diseñar nuevas estrategias que fomenten una movilidad más sostenible y contribuir a la sostenibilidad medioambiental. Lo presentaron hoy el concejal de Presidencia, Relaciones Institucionales y Turismo, y responsable del proyecto Smartiago, Sindo Guinarte; y Lorena Rosende y Diego Piñeiro, CEO y responsable del área de Smart Cities, respectivamente, de Itera Técnica, la empresa adjudicataria del proyecto.
TURISMO
Santiago(é)tapas regresa este xoves con 59 tapas a concurso
O certame volve tras ter que suspenderse en 2020 pola pandemia con 59 tapas a concurso e tamén 23 cócteles. Ademais, estréase unha nova ruta veggie con opcións para persoas vexetarianas, veganas ou flexitarianas. Os detalles foron presentados en rolda de prensa poloo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez.