ALCALDÍA
Compostela acolle este xoves o Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia
Este martes presentouse no Pazo de Raxoi o Foro Empresarial 2020, nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo; e a vicepresidenta da entidade na provincia da Coruña, Beatriz Cibreiro. O Foro celebrarase este xoves 12 de marzo, a partir das 9:30 horas, no Edificio CINC da Cidade da Cultura.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns en Vilanova de Castelló (Valencia).
POLÍTICAS SOCIAIS
A nova convocatoria das axudas do "bonotaxi" incorpora como posibles beneficiarios/as a persoas que sigan un tratamento médico periódico
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou as bases da convocatoria de concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. A novidade deste ano é a incorporación como posibles beneficiarios/as de persoas que estean seguindo un tratamento médico periódico en centros hospitalarios da cidade. Acompañaron a concelleira na rolda de prensa os técnicos municipais Javier...
ALCALDÍA
O CSC do Ensanche exhibe a exposición fotográfica "Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou no Centro Sociocultural do Ensanche a exposición "Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas". A mostra exhibe 24 imaxes, realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva, na que os/as protagonistas son os/as traballadores/as dos centros, persoas con distintas discapacidades, pero con moita competencia a nivel profesional.
IGUALDADE
A concelleira Noa Díaz aposta por sumar esforzos para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria na inauguración da xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia".
A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, participou hoxe na inauguración da xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?", organizada por CERMI Mujeres, con motivo do Día Internacional da Muller. Na súa intervención, Noa Díaz apostou por sumar esforzos para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. "Debemos seguir co noso compromiso de loita contra esas desigualdades que se perpetúan de maneira silente e invisible", que "esixen de nós a maior dilixencia e...
ACCIÓN CULTURAL
O proxecto Wom@rts publica un informe sobre a fenda de xénero nas Industrias Culturais e Creativas europeas
Os esforzos na promoción da igualdade de oportunidades para as mulleres na contorna cultural europea aínda non son suficientes. Esa é unha das conclusións que se desprenden do informe que vén de ser publicado polo proxecto Wom@rts. Co obxecto de reducir a notoria carencia de datos respecto á participación das mulleres como axentes e consumidoras na cultura europea, o informe compila un amplo abano de documentos legais, directivas, programas e estudos científicos sobre o fomento da igualdade nas ICC’S publicados entre 2000 e 2017...
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Atlántica celebra a gala inaugural da súa oitava edición
Este mércores, 11 de marzo, vai dar comezo a oitava edición do Festival Atlántica de Narración Oral cun dos espectáculos clásicos deste encontro: a gala inaugural. Baixo o título de "Varios ventos", boa parte dos artistas do Atlántica vanse xuntar para brindar un petisco da súa arte no escenario do Teatro Principal a partir das 21:00 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros e é posible adquirilas na web da Abanca e tamén na billeteira do...
LINGUA
Aberta a solicitude dos obradoiros de improvisación oral "Enreguéifate"
Os obradoiros Enreguéifate enmárcanse dentro do proxecto homónimo organizado nesta edición polo Concello de Santiago e os de Ames, Pontevedra, Rianxo e Teo, co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción do uso da lingua galega. Estas sesións están dirixidas inicialmente a alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO. O prazo de solicitude remata o 17 de marzo.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o procedemento de adxudicación da obra da rúa dos Concheiros
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou o gasto e a apertura do procedemento de adxudicación de remodelación da rúa dos Concheiros, unha operación incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI. A obra ten un tipo de licitación de 2.651.608,87 euros (IVE incluído).
IGUALDADE
Santiago Teijelo gaña o Premio Xohana Torres en creación audiovisual por "Filucha de Taramancos"
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu este luns o acto de entrega do Premio Xohana Torres, que na súa modalidade de creación audiovisual recaeu en Santiago Teijelo Vázquez, polo seu traballo Filucha de Taramancos.