XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local prorroga as autorizacións de venda ambulante e de artesanía ata o 31 de outubro
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe prorrogar as autorización de venda ambulante de artesanía ata o vindeiro 31 de outubro de 2021, coa obriga por parte dos autorizados de manter o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases para o exercicio da actividade. Tamén aprobou a concesión de subvencións ás asociacións de veciños para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2021. Dezasete asociacións beneficiaranse destas axudas, que suman, en total, 38.582,86 euros. Dos acordos informou...
TURISMO
Turismo de Santiago e Hostelería Compostela abren o prazo de inscrición para Santiago(é)tapas
Mañá comeza o prazo de inscrición para a XIII edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, que se celebrará entre o 11 e o 28 de novembro.
DEPORTES
Recepción a unha representación do Club Ximansia Rítmica Compostela, terceiro no Campionato de España de ximnasia acrobática
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ao equipo de ximnasia acrobática do Club Ximnasia Rítmica Compostela, que acadaron seis medallas en dous campionatos de España; e ao equipo sénior absoluto, o primeiro club de Galicia en competir a nivel absoluto sénior e mixto.
ACCIÓN CULTURAL
Alfonso Blanco Quintela gaña o "III Premio Realia de Tradución Literaria"
Alfonso Blanco Quintela acaba de gañar o III Premio Realia de Tradución Literaria, pola tradución, ao galego, da obra "As consecuencias da vella historia", escrita por Georgios Viziinos, e publicada orixinalmente en lingua grega en 1884. Blanco Quintela, que se presentou baixo o pseudónimo de Asier Ortegal, percibirá unha contía en metálico de 1.500 euros. A maiores, a súa tradución será publicada nos vindeiros meses nunha das dúas coleccións da editorial Huguin e Munin.
MEDIO RURAL
Rematada a senda peonil de Paredes Laraño, que permitirá mellorar a seguridade da veciñanza
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e dunha representación da directiva da Asociación de Veciños A Xunlla, supervisou hoxe o remate das obras da "Senda peonil e reforzo da calzada en Paredes de Laraño", nas que se investiron 126.420 euros.
TURISMO
Santiago consolida a recuperación turística cun novo récord de turistas españois en agosto
Santiago liderou amplamente o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en pernoctacións en agosto, tal como fixera en xullo.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 4.700 vehículos controlados e 83 denuncias na última campaña da Policía Local de control das distraccións ao volante
A Policía Local participou entre o 16 e o 22 de setembro nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Os/as axentes controlaron 4.764 vehículos, cun total de 83 denuncias, o que supón o 2% do total de automóbiles inspeccionados.
MOBILIDADE
A nova estación de autobuses acolle a exposición "Pola túa saúde, móvete de xeito sustentable"
Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, a nova estación de autobuses acolle unha exposición baixo o lema "Pola túa saúde, móvete de xeito sustentable", organizada polo Concello de Santiago e a Asociación Cívica Composcleta.
IGUALDADE
Intervención artística "Cuestión de Xénero", de Luz Darriba, para dicir NON + TRATA, mañá na Alameda
Mañá, 25 de setembro, terá lugar na Alameda de Santiago, a intervención artística "Cuestión de Xénero", no marco da semana "Trátase de NON + TRATA", que se desenvolve entre o 23 e o 30 de setembro, organizada pola Rede de artistas, docentes e ativistas feministas e abolicionistas da Arxentina, con motivo da conmemoración do "Día Internacional contra o Tráfico de mulleres e nenas para a súa explotación sexual", instaurado pola UNESCO todos os 23 de setembro.
URBANISMO
O 5 de outubro finaliza o prazo para presentarse ao proxecto de acondicionamento exterior do castelo da Rocha Forte
O próximo 5 de outubro, ás 23:59 h. finaliza o prazo para presentarse ao proxecto de acondicionamento exterior do castelo da Rocha Forte. O concello de Santiago de Compostela sacou a concurso a licitación das obras, a través dun procedemento aberto simplificado, por importe de 292.168 euros; e un prazo de execución de 3 meses.