CAPITAL CULTURAL
O Auditorio de Galicia acolle a representación, por primeira vez en 65 anos, de ‘Miñatos de Vran’, zarzuela galega do mestre Vide e libreto de Otero Pedrayo
A peza, estreada na Habana 1928 e só representada de novo en 1959, chegará este domingo 21 de xaneiro ás 19.00 horas ao Auditorio de Galicia tras o seu paso polo Auditorio de Vilagarcía mañá venres. Nesta nova produción escenificada participan a Banda Municipal de Música de Santiago, o Coro da Asociación Liceo de Vilagarcía, Troyanos de Compostela e varias voces solistas. David Fiuza encárgase da dirección musical, mentres que José Álvarez é o director de escena e Josefa Dorado, directora...
LINGUA
Arranca unha nova edición do Club de Debate que contará coa participación de catro equipos composteláns
O Concello de Rois acolle a primeira xornada de formación en comunicación e documentación dirixida ao alumnado participante nesta iniciativa que este ano contará coa participación de catro equipos composteláns, todos eles do Colexio La Salle. O Club de Debate é unha actividade promovida polo Concello de Santiago xunto con outros dez municipios co obxectivo de favorecer o uso do galego oral entre a rapazada de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato.
MOBILIDADE
Abre provisionalmente ao tráfico o Campiño da Ferradura mentres dure o corte da Avenida da Coruña
Esta mañá quedou aberto ao tráfico o Campiño da Ferradura de maneira provisional, mentres se manteña o corte da Avenida da Coruña por mor das obras de reurbanización do Campus Sur. O obxectivo é facilitar unha saída a maiores para os vehículos que circulan pola avenida das Burgas.
IGUALDADE
O Concello de Santiago reactiva a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de Xénero
Tras cinco anos de parón, a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero reuniuse de novo esta mañá no Pazo de Raxoi co obxectivo de facer unha diagnose da situación actual da violencia de xénero no Concello de Santiago. Á xuntanza, que estivo presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asistiron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, representantes dos distintos servizos municipais, asociacións e membros dos corpos e forzas de seguridade, que acordaron...
DEREITOS DOS ANIMAIS
O Concello inviste 40.000 euros en melloras no Refuxio de Bando
O Goberno municipal porá o foco na sensibilización cidadá para a prevención de abandonos de animais, tras o elevado incremento de entradas de cans e gatos o pasado ano, ademais de realizar obras para a mellora das instalacións.