ALCALDÍA
Homenaxe ao persoal xubilado do Concello de Santiago
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, agradeceu ao persoal municipal que se xubila este ano os seus anos de traballo ao servizo do Concello e da cidade nun acto no Salón Nobre do Pazo de Raxoi no que estivo presente a Corporación municipal case ao completo.
DEPORTES
O campo municipal de Santa Isabel acolle este sábado o I Torneo Solidario de Nadal
O Club Vista Alegre S.D. coa colaboración do Concello de Santiago pon en marcha o I Torneo Solidario de Nadal de fútbol en varias categorías, co obxectivo de recoller alimentos para as familias máis vulnerables da zona norte de Santiago. Todas aquelas persoas que queiran participar nesta recollida, poden facer as súas achegas de alimentos non percedoiros no Local Social do Clube (rúa Vista Alegre, 85 - 1ºA), no campo de santa Isabel ou no CSC de Vite.
XUVENTUDE
Comezan os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude nos IES
O IES Xelmírez I acolleu esta mañá os primeiros talleres formativos sobre o proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude, aos que asistiron 300 alumnos e alumnas de 4º da ESO, do ciclo de VideoDJ, e de 1º e 2º de Bacharelato. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude achegouse ao centro para animar aos rapaces e rapazas a participar, achegando primeiro as súas propostas e involucrándose despois na votación. María Rozas incidiu en que "para o Goberno...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello concede subvencións a 22 entidades de economía social por un total de 110.000 euros
A concellaría de Promoción Económica vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas a apoiar as empresas de economía social, con 22 entidades beneficiarias. En total, vanse repartir 110.000 euros.
CONSORCIO
'Santiago proxectado, arquitecturas non construídas' recibe no seu primeiro mes máis de 6.000 visitantes
A Casa do Cabido pechará 2023 coa maior cifra de asistencia desde que foi restaurada no ano 2011 como sala de exposicións.