XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local dá luz verde á aprobación inicial do estudo de detalle da parcela na que se ubicará o novo edificio Biotech
A Xunta de Goberno Local deu hoxe luz verde á aprobación inicial do "Estudo de detalle da parcela EQ-2 do Parque empresarial da Sionlla", que se someterá a información pública durante o prazo dun mes. Segundo sinalou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, é unha parcela moi extensa en tamaño e moi condicionada polos accesos, a orografía e a hidroloxía. Conta cunha superficie de 41.841 metros cadrados, e nunha parte dela, na parte dianteira, vaise ubicar o novo edificio Biotech.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello abre un formulario de comunicación das cacharelas privadas
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as normas das cacharelas e sardiñadas privadas para San Xoán, que non poderán ocupar terreos nin espazos públicos. Por segundo ano consecutivo, e por mor das restricións impostas pola pandemia, só se poderán celebrar cacharelas privadas, que poderán solicitarse a través do enlace situado ao pé desta nova.
CIDADES PATRIMONIO
O Foro Cidades Patrimonio, Cidades de Cultura celébrase os días 14 e 15 de xuño en Alcalá de Henares
A cidade de Alcalá de Henares acolle o Foro Cidades Patrimonio, Cidades de Cultura, que se celebra os días 14 e 15 de xuño, no que participará a subdirectora do Auditorio de Galicia, Silva Modia. O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, Antonio Rodríguez Osuna, xunto co secretario xeral de Cultura do Ministerio de Cultura e Deporte, inauguran estas xornadas, que teñen como obxectivo abordar os grandes retos da cultura segura na etapa post Covid e que van contar con grandes expertos nacionais e internacionais. O Foro celébrase...
EDUDACIÓN E IGUALDADE
Aprobado o programa English Summer School e as bases para as axudas de Igualdade
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a memoria do programa "English Summer School", unha proposta educativa de conciliacion e aprendizaxe, enmarcada en Educa-Concilia, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 30 de xullo de 2021 (ambos os dous inclusive), así como as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de actividades de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual...
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Nota aclaratoria sobre a actuación do servizo de extinción de incendios de Santiago o pasado 4 de xuño
En relación á actuación dos bombeiros, o pasado venres, 4 de xuño, cómpre aclarar que en todo momento os bombeiros de Santiago actuaron seguindo o procedemento establecido, e que en ningún momento se lle comunicou que había vidas en perigo no incendio dun piso en Sigüeiro.