XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de modificación puntual da Ordenanza de circulación e uso da vía pública
As modificacións obedecen, substancialmente, aos cambios na normativa estatal; e á regulación dunha serie de aspectos que non estaban contemplados na actual norma.
POLÍTICAS SOCIAIS
A praza do Obradoiro acolle a lectura do manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas
Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e con tal motivo deuse lectura a un manifesto na praza do Obradoiro nun acto organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela ao que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; a voceira do BNG, Goretti Sanmartín; a concelleira de CA María Rozas; e o concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Estepa (Sevilla), vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
O alcalde participa na I edición da CompostelEmma
O Colexio Emma, situado na rúa da Virxe da Cerca, convidou o alcalde compostelán e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, a participar na I edición do seu particular Camiño de Santiago e o obter a "CompostelEmma".
XUNTA DE GOBERNO
Apróbanse as bases para subvencións de festas patronais e o programa de dinamización económica "Compostela Móvese 2021"
A Xunta de Goberno Local aprobou as "Bases da convocatoria de subvención a festas patronais do Concello de Santiago de Compostela 2021", que contan cun orzamento de 44.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao alleamento de cinco parcelas nas que está previsto construir vivenda protexida
A xunta de Goberno Local aprobou hoxe allear, mediante o procedemento de concurso público con procedemento aberto, cinco parcelas nas que está previsto construir 148 vivendas; iniciando así o expediente de licitación que rexerá a venda.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago expón a súa xestión cultural durante a COVID no Foro Cidades Patrimonio, Cidades de Cultura
Alcalá de Henares acolle hoxe e mañá o Foro Cidades Patrimonio, Cidades de Cultura, ao que asisten a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e a subdirectora do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, que participou no panel sobre xestión de cultura sustentable.