PERSOAL
Publicada no BOP a convocatoria de 37 prazas de promoción interna, incluidas nas ofertas de emprego do Concello de Santiago dos anos 2018, 2019 e 2020
O BOP da provincia da Coruña do 28 de abril de 2021 publica as bases específicas da convocatoria de distintas prazas de promoción interna, incluidas nas ofertas de emprego do Concello de Santiago dos anos 2018, 2019 e 2020. O proceso de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte á súa publicación no BOE.
DEPUTACIÓN
Luz verde da Deputación á construción da senda peonil que conectará Santiago e Figueiras
O pleno da Deputación do pasado venres aprobou o Plan de Sendas, no que se inclúe o proxecto actualizado da senda peonil na DP7803, que une Santiago con Figueiras, cun orzamento de 754.000 euros.
URBANISMO
Aberto ata o 18 de maio o prazo para presentar alegacións á modificación puntual do PXOM sobre a regulación de usos
O Pleno da corporación aprobou o pasado 12 de marzo de forma provisional a modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), co obxectivo de preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación daqueles usos e actividades complementarias que proporcionan servizo á poboación residente.