IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Mansilla de las Mulas (León), vítima da violencia machista.
MEDIO AMBIENTE
O novo prego do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria contempla a renovación de todos os contedores, novas ubicacións e tecnoloxía intelixente para evitar desbordamentos
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou hoxe en rolda de prensa os detalles do novo prego que rexerá o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. O documento, que foi aprobado onte en Xunta de Goberno e será publicado hoxe no portal do provedor, recolle importantes novidades como a renovación de todos os contedores da cidade, novas ubicacións, maiores frecuencias de recollida e un sistema que permitirá controlar o enchido para evitar desbordamentos. Así mesmo, prestarase unha especial atención á recollida de...
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago aborda co novo rexedor de Ames os asuntos de interese para ambos municipios
Xosé Sánchez Bugallo e Blas García mantiveron un encontro esta mañá no Pazo de Raxoi para abordar os asuntos que afectan á veciñanza de ambos municipios como a liña de transporte a Ortoño, os convenios relativos aos servizos de auga e saneamento ou o parque comarcal de bombeiros.
URBANISMO
A Comisión asesora do patrimonio histórico dá o visto bo ás obras de renovación dos pavimentos de beirarrúas da avenida de Salamanca
A Comisión asesora do patrimonio histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, deu o visto bo, entre outros asuntos, ás obras de renovación dos pavimentos de beirarrúas da avenida de Salamanca. A actuación, que conta cun orzamento de execución material de 73.068,43 euros e un prazo de execución estimado dun mes, está integrada dentro dun proxecto máis amplo contemplado para a zona.
NOTA ACLARATORIA
Nota aclaratoria sobre o proceso selectivo de oposición libre de nove prazas de bombeiro-condutor
Nota aclaratoria sobre o proceso selectivo de oposición libre de nove prazas de bombeiro-condutor correspondentes ás ofertas de emprego do Concello de Santiago dos anos 2018, 2019 e 2020