XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de selado e clausura do vertedoiro de Aríns
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o "Proxecto de adecuación, selado e clausura do vertedoiro de Aríns", que conta un orzamento total, IVE incluído, de 1.174.591,42 euros, "un investimento grande pero imprescindible", segundo sinalou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; e un prazo de execución previsto de 9 semanas.
SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros de Santiago conmemoran o seu patrón
Os Bombeiros de Santiago honraron un ano máis o seu patrón, San Xoán de Deus, aínda que este ano de forma diferente, xa que a habitual recepción no parque non puido celebrarse por mor das medidas restritivas ditadas para a contención da covid.
IGUALDADE
O Concello de Santiago celebra o Día Internacional da Muller
Nun ano atípico marcado pola covid 19, o Concello de Santiago non deixou de celebrar o Día Internacional da Muller cun acto institucional no que o alcalde e representantes dos grupos municipais que integran a Corporación deron lectura a un texto de escolla propia, e coa entrega do premio Xohana Torres.
TURISMO
Mérida acollerá a presentación da "Estratexia Turística post COVID" do Grupo de Cidades Patrimonio coa presenza da ministra Reyes Maroto
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe, na Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, da que forma parte Compostela. A reunión presidiuna o rexedor de Mérida. Antonio Rodríguez Osuna confirmou que a ministra de Turismo, Reyes Maroto, visitará a capital extremeña o vindeiro xoves 18 de marzo para presentar os resultados do Estudo de Estratexia post COVID nas Cidades Patrimonio da Humanidade. O obxectivo deste plan estratéxico, financiado pola Secretaría de...