ALCALDÍA
O alcalde destaca a tendencia descendente dos contaxios e espera que se siga mantendo "este deslizamento á baixa"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local, que o número de casos activos por COVID en Compostela é, a día de hoxe, de 531 "o mellor dato desde o pasado 18 de xaneiro". Onte eran 601. A incidencia acumulada a 14 días é de 519 casos. Con estes datos, continúa, non cabe esperar unha caída brusca, pero si cabe esperar "que se siga mantendo este deslizamento á baixa".
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O 15 de febreiro remata o prazo para aboar as tarxetas de municipio
A concellería de Mobilidade lembra que o 15 de febrero remata o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de municipio, para todas aquelas persoas que xa posúan unha destas tarxetas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese cunha representación da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe á presidenta de AEIGA, a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, Isabel Fraga Castro. No encontro, ao que tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; o técnico responsable de Emprego, Javier Ferreiro; e Rocío Rodríguez, secretaria técnica da entidade; tratáronse as posibles liñas de traballo e colaboración conxunta para o ano 2021.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a concesión da licenza para a séptima fase de despregamento da fibra óptica na cidade histórica
A Xunta de Goberno Local acordou conceder a Orange España Comunicaciones Fijas, S.L., a licenza para realizar a séptima fase do plan de despregamento da rede de fibra óptica na cidade histórica, que conta cun orzamento de execución material de 25.259,35 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, "pouco a pouco se vai contemplando toda a améndoa, co obxectivo, xa anunciado de que en Semana Santa estea instalado en toda a cidade histórica".
MEDIO RURAL
Comeza a primeira fase das obras de rexeneración e reforzo do pavimento da calzada da Rúa Santa Teresa de Jornet
Hoxe, 8 de febreiro, comezou a execución da primeira fase das obras de "Rexeneración e reforzo estrutural do pavimento da calzada da Rúa Santa Teresa de Jornet", na parroquia de Bando, promovidas pola Concellería de Medio Rural. As obras enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve o departamento que dirixe José Manuel Pichel, en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.