INNOVACIÓN
Apróbanse as licitacións de compra pública innovadora do proxecto Smartiago por un valor estimado de máis de tres millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou hoxe a apertura do procedemento para licitar tres contratos do programa Smartiago, por un valor estimado de 3.338.292,27 euros (IVE engadido). Corresponden a proxectos mobilidade intelixente e sostible, xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, e alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.
TURISMO
Santiago de Compostela premia os seus turistas con visitas guiadas pola cidade
Santiago Prémiate permitirá que os/as turistas que visiten Santiago a partir do 15 de xullo poidan recibir como agasallo visitas guiadas pola cidade que de xeito regular teñen un prezo de venda ao público de 12 euros. A única condición para poder acceder a esta promoción é pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade.
EDUCACIÓN
Aberta ata o 4 de setembro a presentación de orixinais para a XII edición dos Premios Educacompostela
Os Premios Educacompostela recoñecerán un ano máis os mellores recursos educativos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica. A XII edición destes galardóns ten aberto ata o 4 de setembro o prazo de presentación de orixinais.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello alerta os peóns sobre os despistes ao móbil
A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá quere concienciar os peóns sobre as consecuencias que poden ter os despistes por ir falando polo móbil cando se cruza unha rúa. Por iso, está colocando mensaxes de advertencia nalgúns pasos de peóns chamando a unha conduta responsable.
INNOVACIÓN
Se aprueban las licitaciones de compra pública innovadora del proyecto Smartiago por un valor estimado de más de tres millones de euros
La Junta de Gobierno Local, en una sesión extraordinaria, aprobó hoy la apertura del procedimiento para licitar tres contratos del programa Smartiago, por un valor estimado de 3.338.292,27 euros (IVA incluido). Corresponden a proyectos movilidad inteligente y sostenible, gestión sostenible e inteligente de los residuos sólidos urbanos y alumbrado ornamental inteligente para la conservación del patrimonio.