MOCIDADE
Aberta a preinscrición nos campamentos de verán da Concellaría de Mocidade
O Departamento de Mocidade vai realizar este verán dous campamentos, en Oleiros (A Coruña) e en San Xoán de Río (Ourense), entre o 24 e o 31 de xullo e entre o 3 e o 7 de agosto, respectivamente. O prazo de preinscrición está aberto dende onte luns ao vindeiro xoves, 9 de xullo.
INNOVACIÓN
O Consorcio mellora a accesibilidade da sede do Conservatorio Histórico coa instalación dun ascensor
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá a obra xa rematada de instalación dun ascensor no edificio situado na Praza de Salvador Parga nº 4, na cidade histórica compostelá, que na actualidade é sede do Conservatorio Histórico, do Ateneo de Santiago e da Real Sociedade Económica de Amigos do País. O Consorcio asumiu a elaboración do proxecto a través da súa Oficina Técnica, o financiamento íntegro da obra, ademais dos...
INNOVACIÓN
O Concello licitará contratos por valor de case catro millóns de euros a través do Smartiago
O Concello de Santiago de Compostela recibiu un total de 63 propostas durante o proceso de Consultas Preliminares ao Mercado do proxecto Smartiago, cofinanciado pola Unión Europea, que contou ademais coa participación de 57 entidades. É o balance que ofreceu o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte, no webinar "A tecnoloxía e a innovación como resposta aos retos dunha cidade patrimonio", organizado polo municipio compostelán e ao que asistiron preto dun cento de persoas.
TURISMO
Santiago acollerá a cuarta edición do Fairway do 8 ao 10 de novembro
"O Ano Santo 2021 é unha oportunidade diferencial para Santiago poda retomar a tendencia turística crecente dos últimos anos", apuntou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, na rolda de prensa de presentación de Fairway, IV Fórum do Camiño de Santiago. O evento conta co apoio do Concello a través de Turismo de Santiago.