MEDIO AMBIENTE E OBRAS
O Concello renova o colector de Salgueiriños de Abaixo, tras rematar a reparación dos puntos negros de asolagamento
Este luns comezan as obras de substitución do colector de fibrocemento en Salgueiriños de Abaixo, unha rúa na que se viñan producindo reiteradas roturas nas tubaxes. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta do inicio dos traballos nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo edil de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña. Os dous concelleiros fixeron tamén balance das actuacións executadas nos puntos negros de asolagamentos.
TURISMO
A UE selecciona a Santiago para presentar en California a súa estratexia de promoción turística
Turismo de Santiago foi seleccionado pola Comisión Europea para dar unha conferencia nun evento propio de promoción de destinos europeos en Los Angeles (USA). Este evento forma parte do programa da Comisión Europea "Partnerships in European Tourism" para a promoción turística nos mercados chinos e do EEUU a través da European Travel Commission.
CONSORCIO
O recoñecido fagotista Santiago López formará neste instrumento a músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.
CONVIVENCIA
As nenas e nenos que participan no Colecamiños xa poden trocar os seus "Olliños" por agasallos
O programa Colecamiños, impulsado polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local, séguese reforzando con máis atractivos para as nenas e nenos que se animen a iren andando aos seus colexios. Nos últimos días púxose en funcionamento o apartado da app do programa que permite trocar os agasallos facilitados polo comercio local para os/as participantes.
DEPORTE
A proba nocturna SantYaGo10K formará parte un ano máis do II Circuíto de Carreiras "Cidades Patrimonio da Humanidade"
Esta mañá presentouse en Mérida o II Circuíto de Carreiras "Cidades Patrimonio da Humanidade", actividade que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración con EDP e Paradores, e na que participan as 15 cidades españolas inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Por segundo ano a carreira nocturna SantYaGo10K, prevista para o 4 de maio, formará parte deste Circuíto.