ALCALDÍA
O Concello inicia a busca de solucións innovadoras para as futuras licitacións en mobilidade, xestión de residuos e alumeado
O Hostal dos Reis Católicos acolle este xoves a Xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Smartiago. Esta Consulta Preliminar ten o obxectivo de recompilar a información necesaria en canto a solucións innovadoras para preparar os futuros pregos de licitación nos tres ámbitos que comprende o proxecto: mobilidade, xestión de residuos e limpeza viaria e alumeado ornamental. O Smartiago, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de.../em>
EDUCACIÓN
Inaugurado o simposio "O libro e a lectura"
A concelleira de Educación, Noa Díaz, asisitiu á inauguración do simposio O libro e a lectura, da Asociación Galega de Editoras, que se celebra este xoves e mañá venres no auditorio do Consello da Cultura Galega. "O libro educativo na era dixital" é o tema desta edición do encontro, que reune diferentes expertos e promotores da edición de libro educativo coa finalidade de ofrecer formación sobre a actualidade ao sector e ao público en xeral. No acto inaugural tamén participaron a...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reduce a súa débeda bancaria en 6,4 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, aprobou dous suplementos de crédito destinados á amortización de débeda bancaria. Estas operacións permitirán reducir a débeda en 6.434.602, 94 millóns de euros.
EDUCACIÓN
Educación adquirirá novo equipamento para as escolas infantís de Conxo e das Fontiñas
A Concellaría de Educación vén de recibir unha subvención de 12.117,36 euros da Xunta de Galicia para mellorar as infraestruturas e equipamentos das escolas infantís de Conxo e das Fontiñas. Esta axuda pública, que ascende a 12.117,36 está cofinanciada polo Goberno autonómico e, nun 80% (9.693,89 €), polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.