ACCIÓN CULTURAL
Convocada unha nova edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego
A Asociación do Traxe Galego convoca a XXV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. O certame volve contar con dúas modalidades: traballos descritivos, cun premio de 600 euros, e traballos analíticos, con 1.200 euros. O prazo de presentación de traballos rematará o 30 de novembro e os galardóns entregaranse no Pazo de Raxoi o 18 de decembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o alumeado de Nadal, que se acenderá o 5 de decembro
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns adxudicou o alumeado de Nadal. Entre outros asuntos, tamén deu o visto bo aos proxectos de acondicionamento exterior e interior do xacemento do castelo da Rocha Forte, e adxudicou a primeira fase da construción dunha senda peonil na rúa de San Martiño, na parroquia de Aríns.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realizará obras na capela de Santas Mariñas do Sar
O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso as obras de mantemento da capela de Santas Mariñas do Sar, por un importe global de 57.090,90 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 27 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de tres meses.