MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os 1.300 controis do uso do cinto e dos SRI realizados a pasada semana deixan un balance de 13 infraccións
Durante a pasada semana, do 30 de setembro ao 6 de outubro, a Policía Local realizou controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil, no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico. Os/as axentes inspeccionaron 1.296 vehículos, cun total de 13 infraccións.
POLÍTICAS SOCIAIS
Máis de 300 persoas participarán este sábado no V Camiño da Diversidade
Este vindeiro sábado, a partir das 10:00 horas, celebrarase a quinta edición do Camiño da Diversidade, que organiza a Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados). Os/as participantes sairán da Escravitude (Padrón) para percorrer parte da ruta portuguesa ata a praza do Obradoiro.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde demanda como "prioridade absoluta" a construción da nova residencia de persoas maiores de Fontiñas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este martes coa conselleira de Política Social, Fabiola García. Na xuntanza tamén participaron a secretaria xeral técnica da Consellería, María Francisca Gómez, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Conxo acolle unha nova edición das súas Xornadas Micolóxicas os días 18 e 19 de outubro
Chegan un outono máis as Xornadas Micolóxicas do Centro Sociocultural de Conxo, que este ano se celebrarán o venres 18 e o sábado 19 de outubro. Haberá dúas conferencias e a tradicional ruta para a recollida de cogomelos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello colabora no programa Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento, aberto ata novembro no Viveiro de Empresas
O Concello de Santiago colabora no programa Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento, que están desenvolvendo a Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio no Viveiro de Empresas da Costa Vella. A actividade formativa, que empezou onte e se prolongará ata o 22 de novembro, estruturase en tres partes: sesións de formación conxunta, accións de acompañamento e consultoría individualizada e mentoring e seguimento.