CONSORCIO
Este mércores, último día para visitar na Casa do Cabido a mostra "Tres anos de Compostela Ilustrada"
O Consorcio de Santiago patrocina a exposición Tres anos de Compostela Ilustrada. Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe, que pode visitarse na Casa do Cabido dende o pasado 22 de novembro. A mostra aglutina un centenar de obras de 32 artistas procedentes de diferentes puntos de España, Portugal, Francia e Xapón, participantes destes encontros, unha iniciativa que arrancaba no ano 2016 baixo a dirección do ilustrador Miguelanxo Prado. O derradeiro día para percorrela será este mércores, 9 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 e...
NADAL
Éxito de participación nas actividades programadas polo Concello neste Nadal
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, fixo esta mañá un balance da afluencia ás actividades programadas polo Concello durante este Nadal. Tal e como sinalou Novoneyra, "estamos moi satisfeitos e satisfeitas da acollida que tiveron as accións, non só polo número de persoas participantes senón tamén polo retorno que tivemos ao longo das festas, que viñeron acompañadas de bo tempo na maioría dos días".
MEDIO AMBIENTE
A Tropa Verde, proxecto seleccionado para a segunda fase do programa URBACT
A Tropa Verde é un dos 23 proxectos seleccionados para a segunda fase do programa europeo URBACT, de intercambio e aprendizaxe para o desenvolvemento urbano sustentable e integrado. Deste xeito, Santiago segue liderando unha das 23 redes de transferencia, a través do proxecto impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia en colaboración coa empresa Teimas Desenvolvemento.
MEDIO AMBIENTE
Constituída a comisión encargada de estudar a xestión da auga
Esta mañá quedou constituída a comisión encargada de determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento e depuración de augas residuais. Dáselle así cumprimento ao acordado no Pleno do pasado mes de novembro.