NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Presentación do libro "Aquel neno", de Xosé Neira Vilas
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu na Libraría Pedreira á presentación do libro Aquel neno, de Xosé Neira Vilas. Ademais do autor, no acto tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o ilustrador Xosé Vizoso.
XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística repasou cos universitarios as actividades do seu Departamento
Actividades de voluntariado, certames de música, lecer e tempo libre, formación en linguas estranxeiras, cursos de cociña ou actividades de fomento do uso do galego entre a comunidade universitaria internacional de Santiago son algunhas das accións que a Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística ofrece aos mozos e mozas da cidade.
ALCALDÍA
Encontro co embaixador da India en España
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador da India en España, Sunil Lal.
BENESTAR SOCIAL
Xornada de cultura urbana na praza Roxa
Con motivo da clausura das actividades de cultura urbana que se viñeron desenvolvendo no Concello de Santiago nestes seis meses, realizouse unha xornada final na praza Roxa. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou as actividades.
EDUCACIÓN E DEPORTES
Uns 400 escolares aprenderá técnicas de reanimación cardio-pulmonar nunha xornada na praza da Quintana
Os concelleiros de Educación, María Castelao, e de Deportes, Adrián Varela, acompañados polo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, José Antonio Iglesias, presentaron Reanima un corazón, unha actividade de formación en técnicas de reanimación cardio-pulmonar (RCP) para escolares. Celebrarase o mércores 16 de outubro, entre as 10:00 e as 12:00 horas, na praza da Quintana.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase a contratación da obra para mellorar a accesibilidade ás zonas altas da Almáciga
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o inicio do expediente doutras das obras contidas no proxecto para a mellora da mobilidade e da accesibilidade na Almáciga, incluída no programa Urbana Santiago Norte, financiado con fondos europeos FEDER. Trátase nesta ocasión das obras para mellorar a accesibilidade ás zonas altas do barrio dende as rúas Pastoriza e Basquiños.
XUVENTUDE
MúsicaXove canaliza un ano máis a creatividade musical dos grupos emerxentes
A Concellería de Xuventude convoca o VI Certame MúsicaXove, co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade. Unha vez posto a disposición dos grupos musicais e solistas da cidade un local con dúas salas independentes para ensaios no Estadio de San Lázaro, o Departamento continúa así co labor de difusión da súa actividade.
EDUCACIÓN
O VI Premio Compostela de Álbums Ilustrados, na Feira do Libro de Frankfurt
A obra Mamá, da arxentina Mariana Ruiz Johnson, gañadora do VI Premio Internacional Compostela de Albums Ilustrados, serve de decorado do stand que a editorial Kalandraka ten ata o 13 de outubro na Feira Internacional do Libro de Frankfurt. A autora recibirá o seu premio no mes novembro nun acto presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás.
COMERCIO
Trinta e tres establecementos participarán o 19 de outubro na xornada "Estrea Estilo!"
A Concellería de Comercio puxo en marcha o programa de dinamización comercial Estrea Estilo!. Nesta xornada, o pequeno comercio compostelán poderá presentar, exhibir e vender as novas coleccións outono inverno 2013-2014 en diversos espazos do Hotel Araguaney. O evento celebrarase o sábado 19 de outubro, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
CULTURA
Inaugurada no Auditorio de Galicia a exposición "O bosquexo do mundo"
A Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia acolleu a inauguración da exposición O bosquexo do mundo nun acto que contou coa presenza de Amelia González, tenente de alcalde; José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio; Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seone da Coruña e os comisarios da exposición, Alberto González–Alegre e Ángel Cerviño, que fixeron unha visita comentada á exposición da que gozou o público que se achegou ao Auditorio.