CULTURA
Concerto especial da Banda Municipal de Música con Abe Rábade
O concerto do domingo 16 representa un reto para a Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero, e unha oportunidade única de gozar dun programa extraordinario. Será ás 12:00 horas, no Teatro Principal, e a formación interpretará Rhapsody in Blue, de G. Gershwin, e a Sinfonía do Novo Mundo, de A. Dvorak.
CONSORCIO
Rematan as obras no Teatro Principal, centradas na mellora da accesibilidade e dos sistemas eléctrico e de climatización
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago comezou en agosto as obras no Teatro Principal, destinadas á mellora da accesibilidade e á realización de diversas tarefas de renovación e acondicionamento para resolver os problemas e carencias que presentaba o inmoble. As diferentes intervencións, cun orzamento global de 59.541,04 euros, foron executadas pola empresa Elecnor Infraestructuras, S.A.
COMERCIO
O Mercado da Quintana abre o prazo de inscrición para artesáns, comerciantes, produtores e restauradores
O Concello de Santiago de Compostela e Turismo de Galicia organizan a 1ª edición do Mercado da Quintana, no que poderán participar, exhibindo e vendendo os seus produtos, pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal, artesáns, produtores, comerciantes e restauradores. Participar no Mercado da Quintana será de balde para expositores e visitantes, aínda que os comerciantes, artesáns, produtores e restauradores que queiran exhibir e vender as súas pezas e produtos deberán preinscribirse con...
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello únese á celebración do Día dos Dereitos do Neno/a cun pleno infantil e cunha xornada lúdica para os máis pequenos
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno/a, o xoves 20 de novembro, unha xornada de reflexión en torno ás problemas da infancia, dirixida a fomentar un maior interés da cidadanía na promoción dos dereitos dos/as nenos/as. Nesta edición, a conmemoración está especialmente dedicada ao dereito ao xogo.
ALCALDÍA
O Concello estudará a ampliación da parcela cedida a Down Compostela para facilitar as súas actividades hortícolas de inserción
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou a sede da Fundación Down Compostela, na rúa Alejandro Novo González. Alí reiterou o apoio municipal ao labor realizado por esta entidade e anunciou que o Concello estudará a posible ampliación da parcela que rodea a esta sede, onde a Fundación realiza actividades hortícolas co fin de mellorar a inserción laboral.
DEPORTES
A Granxa do Xesto acolle este domingo o XIV Trofeo Cidade de Santiago de Ciclocross
A concelleira de Deportes, María Corral, presentou o XIV Trofeo Cidade de Santiago de Ciclocross. A proba, organizada polo Club Ciclista Muebles Compostela, co patrocinio do Concello de Santiago, celebrarase este domingo 16 de novembro, a partir das 10:30 horas, na Granxa do Xesto. Participarán uns 200 ciclistas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme "A quimera do ouro"
No marco da 28ª edición do festival Cineuropa, este venres 14 de novembro proxectarase o filme A quimera do ouro, de Charles Chaplin. Será ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora orixinal, baixo a batuta do seu director titular e artístico, Paul Daniel.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cita con Imos ao baile no CSC de Vite
Nova cita con Imos ao baile, programa para maiores promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Será este sábado 15 de novembro, a partir das 17:30 horas, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona en Holanda a cidade e a conexión de Vueling con Ámsterdam estreada este verán
Turismo de Santiago organiza este xoves un "Porta a porta" no mercado holandés para promocionar a cidade e difundir a conexión de Vueling con Ámsterdam, que se estreou esta temporada de verán no aeroporto de Santiago con máis de 12.000 pasaxeiros.
ALCALDÍA
Agustín Hernández salienta o papel do grupo empresarial Pérez Rumbao no desenvolvemento empresarial de Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no edificio Quercus IP ao acto de entrega do II Premio á Excelencia Empresarial, do Club Financeiro de Santiago ao grupo empresarial Pérez Rumbao S.A.