CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres unha selección dos fragmentos máis populares de "O Mesías" de Haendel
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, un concerto dedicado a O Mesías de Haendel. O vindeiro venres terá lugar a xa tradicional cita con esta obra, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director Edmon Colomer. A orquestra estará acompañada polas voces da soprano Elena Copons, do contratenor Jordi Domènech e do Orfeón Terra A Nosa -que dirixe o mestre Miro Moreira-. O concerto repetirase o sábado para o público familiar, ás 18:30 horas, nesta ocasión...
CULTURA
Bunbury actúa este xoves en Compostela nunha data exclusiva tras anunciar a súa despedida temporal dos escenarios
Tras o seu paso pola Península no mes de xuño e as cancelacións de varios concertos polo desprendemento de retina do guitarrista de Los Santos Inocentes (Jordi Mena), Bunbury ofrece unha serie de concertos baixo o título de ‘Últimos concertos na Terra’, xa que anunciou a súa despedida temporal dos escenarios. Entre eles e nunha data exclusiva en Galicia chegae este xoves a Compostela, dentro do ciclo Compostela Rock. Será ás 21:00 horas no Palacio de Congresos e as entradas, a 28,80 € + gastos, están á venda na Rede...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan os obradoiros para preparar os adornos da Árbore das Ilusións
O Concello de Santiago promove neste Nadal a iniciativa A árbore das ilusións. Trátase de decorar entre todos a árbore de Nadal que se situará na praza Roxa. Peza por peza, búscase representar as ilusións e desexos dos veciños de Santiago, partindo da idea de que, en moitas culturas, a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas proxeccións e actividades nestas datas de Nadal do Compostela Cine Classics
O programa Compostela Cine Classics trae novas propostas para estas datas próximas ao Nadal. Así, para os venres 12 e 19 de decembro ten preparados os pases de O tolo do pelo rubio (Vincent Minnelli, 1956), cos comentarios do profesor de Historia do Cine da USC José María Folgar de la Calle, e de Que fermoso é vivir (Frank Capra, 1946), filme do que falará a profesora e investigadora da Duke University Alejandra Juno.
ECONOMÍA
Volve "Santiagolandia" coa expectativa de superar os 10.000 visitantes do último Nadal
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou a terceira edición de Santiagolandia, un parque de atraccións de Nadal que estará instalado do 20 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto feiral de Amio. Agárdase superar os 10.000 visitantes da última edición.
CULTURA
Segunda edición de Sons Tránsitos con Vítor Ramil, Luar na Lubre e Andrés Penabad
En decembro volve a Compostela a segunda edición do Festival Sons Tránsitos, con dúas xornadas protagonizadas por Luar na Lubre, que serán teloneados polo acordeonista eumés Andrés Penabad e polo cantautor brasileiro Vítor Ramil, que estará acompañado polos galegos Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Uxía. O festival foi presentado pola concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, ademais da directora do...
ALCALDÍA
O alcalde analizou co presidente da CEG a situación do tecido empresarial de Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño. No encontro analizaron a situación de Santiago en relación ao seu tecido empresarial e o seu mercado laboral. Tamén se abordou o estado de infraestruturas como o acceso ao Polígono do Tambre ou a variante de Aradas.
CONSORCIO
Un estudo analiza por primeira vez as máis de 2.300 marcas de cantería que se conservan das primeiras fases construtivas da Catedral
En el principio: Génesis de la Catedral Románica de Santiago de Compostela é unha obra dirixida por José Luis Senra, profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid. Está coeditada polo Consorcio de Santiago, Teófilo Edicións e a Fundación Catedral de Santiago. Foi presentada nun acto celebrado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, presidido polo alcalde, Agustín Hernández, ao que tamén asistiron o editor José Luis Teófilo; o director da Fundación...
ALCALDÍA
O Belén da Catedral de Santiago exhibe ata o 7 de xaneiro máis de 500 pezas talladas a man
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañados polo deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, inauguraron o Belén instalado na Catedral e promovido por esta última entidade autonómica. O Nacemento ocupa 55 metros cadrados e nel pódense contemplar máis de 500 pezas de gran tamaño, talladas a man, cun traballo delicado e minucioso, en consonancia coa rica tradición da ourivería compostelá. Este Belén poderá ser visitado ata o...
CULTURA
"Eurozone", de Chévere, e "Pan! Pan!", de A Panadaría, propostas teatrais desta semana
A Concellería de Cultura ofrece esta semana dúas propostas dentro do programa do Bono de Teatro Galego que ofrece en colaboración co AGADIC. Trátase de Eurozone, dos recentemente nomeados Premio Nacional de Teatro Chévere, que ofrecen dúas funcións, mércores 10 e xoves 11 ás 21:00 horas no Teatro Principal, e de Pan! Pan!, da compañía A Panadaría, gañadora do premio Xuventude CREA 2013, que estará na Zona C do mércores 11 ao sábado 13 ás 20:30 e o domingo 14.../em>