TURISMO
As cidades Patrimonio presentan a súa oferta turística na República Checa
A sede do Instituto Cervantes de Praga foi o escenario no que as 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentaron a súa oferta turística e cultural na República Checa. O acto foi organizado por Turespaña e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, en colaboración co Instituto Cervantes.
MEDIO AMBIENTE
Desconvocada a folga da recollida do lixo
O comité de empresa de Urbaser e a dirección da empresa chegaron esta mañá a un principio de acordo, que terá que se ratificado en asemblea, e que permite suspender a folga indefinida da recollida do lixo convocada para o próximo domingo. A decisión chega despois de varias reunións entre as partes, nas que o Goberno local exerceu como mediador.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago presenta unha batería de medidas para acoller as persoas refuxiadas
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou está mañá en rolda de prensa unha batería de catro medidas polas que Santiago de Compostela acollerá a persoas refuxiadas. O obxectivo das mesmas está en canalizar a solidariedade que a veciñanza compostelá transmitiu nas últimas semanas.
ACCIÓN CULTURAL
Dezasete novos talentos musicais participan no V Festival Peregrinos Musicais
A capital galega acolle durante os próximos días 21 ao 25 de setembro o V Festival Internacional Peregrinos Musicais. Nesta ocasión, serán 17 os mozos e mozas que intervirán en cinco novos concertos, que se ofrecerán en diferentes escenarios da cidade compostelá. Actualmente, son xa auténticos clásicos virtuosos pero, con este certame, teñen a posibilidade de darse a coñecer internacionalmente. A súa peregrinación por Compostela completarase cun gran concerto no Auditorio de Galicia, formando parte por...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia arranca este martes un ciclo de concertos gratuítos ao aire libre en barrios de Santiago
O Consorcio de Santiago ten o propósito de achegar cada vez máis a Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Así, ao longo desta temporada están previstas actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG arranca esta semana con varios concertos gratuítos ao aire libre en barrios significativos da cidade compostelá; baixo a batuta do mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers. A iniciativa foi presentada...
ALCALDÍA
Recoñecemento do alcalde ao traballo de canteira e bo facer do Santiago Futsal
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu unha representación da directiva do Santiago Futsal, encabezada polo seu presidente, Ramón García; o vicepresidente, Javier Herrera, e o director xeral do club, Miguel Fernández.
MEDIO AMBIENTE
A Concellaría de Medio Ambiente colabora en dous Obradoiros de Participación Socioambiental no Museo do Pobo Galego
O Museo do Pobo Galego, en colaboración co Concello de Santiago, organiza dous Obradoiros de Participación Socioambiental, dirixidos a adultos e nenos de máis de 7 anos. O custo de cada curso é de 3 euros, 5 polos dous, cos que se cobren os materiais. Os socios e as persoas desempregadas poden anotarse de balde.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto terá 40 filmes na súa sección oficial, 19 deles estrea en España
Curtocircuíto Festival Internacional de Cine deu a coñecer os detalles da súa próxima edición, que se celebrará en Compostela entre os días 6 e 11 de outubro nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director do festival, Pela del Álamo. Ás xa habituais proxeccións no Teatro Principal, súmase este ano a sala Numax. O certame seguirá contando co CGAC como punto neurálxico...
ALCALDÍA
Os alcaldes de Santiago e Teo buscan fórmulas de cooperación en materia de seguridade cidadá, mobilidade e municipalización de servizos
O alcalde de Santiago continuou hoxe coa rolda de contactos cos seus homólogos nos concellos da comarca. Esta mañá, Martiño Noriega recibiu ao rexedor de Teo, Rafael Sisto, con quen abordou algúns dos problemas e dos retos comúns dos dous municipios.
TURISMO
O aeroporto de Santiago bate récord histórico en agosto con máis de 282.000 pasaxeiros
Lavacolla crece un 19,5% no mes de agosto, superando os 282.000 pasaxeiros e acadando un 62,91% da cota de mercado en Galicia. Trátase do 17º mes consecutivo de crecemento, cuns datos que se reflicten no acumulado dos primeiros oito meses de ano, cando se chegou á cifra de 1.536.189 de pasaxeiros. O aeroporto de Santiago medra catro veces máis que a media dos aeroportos estatais, que foi do 4,7%.