TURISMO
Lufthansa anuncia novas conexións dende Santiago con Frankurt e Múnich
Lufthansa aposta por Galicia contribuíndo ao desenvolvemento actual do aeroporto de Santiago con catro novos voos semanais. A aerolínea xermana conectará Santiago de Compostela tres veces por semana co seu hub internacional de Frankfurt e unha vez por semana co de Múnich. Desta forma, promoverá o tráfico de pasaxeiros de entrada e saída, mellorando así as conexións entre Galicia e os seus destinos en todo o mundo.
ALCALDÍA
O alcalde expresa o pesar da Corporación polo pasamento de Fran Pérez, Narf
O alcalde de Santiago quixo expresar hoxe o pesar do conxunto da Corporación pola morte de Fran Pérez, Narf. Martiño Noriega sinalou que o músico, que pasou boa parte da súa vida en Compostela, "era patrimonio de toda a cidade e déixanos un gran legado". O rexedor adiantou que proporá a aprobación dunha declaración institucional de pésame no pleno ordinario do mes de novembro, que se celebrará mañá xoves.
EQUILIBRIO TERRITORIAL
Avanzan as obras na rúa das Rodas
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial anunciou hoxe que as obras de reparación da rúa das Rodas teranse que prolongar previsiblemente ata comezos da semana que vén. Rafael Peña explicou que "finalmente foi preciso picar todo o formigón do carril de baixada, que se atopaba en moi mal estado, e estase facendo un esforzo traballando a dobre quenda para respectar os prazos".
ALCALDÍA
Martiño Noriega solicita a mediación da Xunta ante o Ministerio de Xustiza para que Santiago teña un novo Xulgado do Social
O alcalde de Santiago remitiulle esta mañá unha carta ao presidente da Xunta, para solicitarlle a súa mediación ante o Ministerio de Xustiza para que Santiago conte cun novo Xulgado do Social. Foi despois de que a comisión mixta constituída polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta decidira onte excluír esa Sala no reparto dos novos xulgados cos que contará a nosa comunidade. Martiño Noriega trasladoulle a Alberto Núñez Feijóo a súa preocupación e a do conxunto do Concello,...
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa estrea "Toni Erdmann", premio FIPRESCI no Festival de Cannes
Considerada por José Luis Losa, director de Cineuropa, como a película revelación do ano, Toni Erdmann, terceira longametraxe de Maren Ade, chega á pantalla do Teatro Principal ás 20:00 horas deste xoves. No programa do festival desta xornada tamén destaca o concerto da Real Filharmonía de Galicia, que porá música ao filme Metróplis no Auditorio a partir das 20:30 horas.
CONSORCIO
Varios grupos de escolares visitaron este mércores a exposición de fotografías en 3D de Santiago e da Catedral na Casa do Cabido
Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en tres dimensións da cidade de Santiago e da Catedral do estereógrafo coruñés Enrique Criado. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, e para a visualización destas fotografías empréganse lentes con filtro de cor.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello apoia a incorporación de Cogami ao proxecto Liberty Responde
O Concello de Santiago foi hoxe escenario do acto polo que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade formalizou a súa adhesión ao programa Liberty Responde, unha iniciativa posta en marcha polo Grupo Liberty Seguros e a Fundación Konecta co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidades sobrevidas. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, foi o anfitrión da presentación, na que participaron o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo; o...
TURISMO
Este xoves comeza unha nova edición de Santiago(é)tapas con 68 locais participantes
Marta Lois, concelleira de Turismo, e Ramón García, en representación da Asociación Hostalería Compostela, presentaron a novena edición de Santiago(é)tapas, que comeza este xoves 17 e se prolongará ata o domingo 4 de decembro.
SAÚDE
Concello e Médicos do Mundo presentan o informe de vulneracións na atención sanitaria a persoas migrantes
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e o secretario de Médicos do Mundo, Brais Barcia, presentaron hoxe un informe de avaliación do acceso das persoas migrantes aos servizos de saúde en Galicia durante o 2015.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a Cineuropa "Forushande (The salesman)", o último de Asghar Farhadi
A principal estrea da xornada do xoves en Cineuropa será Forushande (The salesman), o último filme do iraniano Asghar Farhadi, autor de Le passé e Nader e Simin: unha separación, entre outras.