REHABILITACIÓN
Finalizan os traballos de limpeza e consolidación do xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha Forte
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira participou nunha visita aos restos arqueolóxicos do Castelo da Rocha, testemuñas dunha das partes máis interesante da Historia medieval de Santiago da que aínda resta moito por coñecer. Dende finais do mes de outubro estiveron a facerse traballos de limpeza e consolidación do xacemento arqueolóxico para que no futuro poda ampliarse o seu estudo.
CULTURA
"Amortal" abre o ciclo Teatro+Danza en Xira
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a obra que abre a programación de 2010 do ciclo Teatro + Danza en Xira. Trátase de Amortal, unha obra de Ana Martín Puigpelat dirixida por Salvador Bolta e cun reparto formado por Mercedes Castro, Francisco Olmo e Celso López. Pódese ver o mércores 3 e o xoves 4, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
TURISMO
Presentado na Coruña o programa do Fórum Gastronómico 2010
Estrella Galicia, empresa patrocinadora do Fórum Gastronómico 2010, As Cociñas do Atlántico, acolleu en La Cervecería, situada na antiga fábrica de cervexa de Catro Camiños, a presentación do evento que traerá a Galicia a mellor cociña do arco Atlántico.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica organiza un concurso de escaparatismo vinculado ao Fórum Gastronómico 2010
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, organiza o Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico, no que poden participar, de balde, todos os estabelecementos comerciais de Santiago. Os motivos dos escaparates terán que estar vinculados á gastronomía. O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de febreiro.
ALCALDÍA
Turismo de Santiago estará presente nas oficinas internacionais de Turespaña
Durante o encontro que mantiveron en Madrid, o secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida, ratificou ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a implicación de Turespaña na promoción do Xacobeo 2010.
ALCALDÍA
A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España debateu sobre o Plan Estratéxico 2010-2015
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou en Madrid na Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu as asociacións de veciños dos barrios de San Pedro e Fecha
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cos representantes de dúas das asociacións veciñais da cidade. Primeiro tivo un encontro coa AA VV Amigos de San Pedro e, a continuación, cos integrantes coa AA VV Santa Cristina de Fecha.
CONSORCIO
Presentada a restauración do retablo maior da capela das Ánimas
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación da restauración do retablo maior da capela das Ánimas. O retablo, que representa a Crucifixión, é o máis espectacular do conxunto, tanto polas súas dimensión como por ocupar o lugar central da igrexa.
TURISMO
O Fórum Cidade enche de gastronomía as rúas de Santiago
O Fórum Cidade ofertará un amplo programa de actividades que se desenvolverán en espazos privilexiados da cidade como o Hostal dos Reis Católicos, o Museo do Pobo Galego ou o Mercado de Abastos.
CULTURA
A música e as artes escénicas, protagonistas da programación cultural de febreiro
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron en rolda de prensa a programación cultural de febreiro en Santiago de Compostela, na que a música e as artes escénicas ocupan un lugar destacado. Estrelas internacionais como Rodrigo Leão, Tzimon Barto e Marc Parrot e creadores galegos como David Loira, Quico Cadaval, Mercedes Castro ou Antía Moure, son algúns dos nomes propios da programación do mes.