CONSORCIO
Catro músicos de renome internacional formarán a novos talentos galegos en percusión, óboe, violoncello e trompeta
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza de catro grandes músicos que darán clases de percusión, óboe, violoncello e trompeta.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe aos impulsores do proxecto Compostela Transparente
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá aos representantes das entidades civís que veñen de impulsar o proxecto Compostela Transparente, co obxectivo de "defender o dereito a saber dos cidadáns". Na reunión participaron Marisa González, membro da directiva do Ateneo de Santiago; Delmiro Prieto, da Fundación Santiago Centro; Javier Otero Llovo, presidente da Acción Cívico Solidaria; María Teresa Bermúdez de la Puente, vicepresidenta da Acción Cívica Solidaria; e José...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello de Santiago celebrará o Día Internacional dos Dereitos Humanos cun acto conmemorativo no Auditorio Abanca
Este xoves,10 de decembro, celébrase o Día Universal dos Dereitos Humanos, e o Concello de Compostela vaise sumar á conmemoración cun programa de actividades deseñado pola Concellaría de Educación e Cidadanía.
ESPAZOS CIDADÁNS
Alta participación nos traballos previos á elaboración da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible
O concelleiro de Espazos Cidadáns deu conta este mércores dos resultados dos grupos de traballo e das enquisas que o seu departamento puxo en marcha co obxectivo de elaborar, de forma participada, unha Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible 2014-2020. Jorge Duarte amosou a súa satisfacción pola boa resposta que está a ter este procedemento, tanto polos expertos convocados polo Concello como pola cidadanía en xeral.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Preto de 170 actividades complementan a oferta de Nadal nos centros socioculturais
A programación de Nadal chega á Rede de Centros Socioculturais con preto de 170 actividades para todos os públicos. O obxectivo destas accións é por en valor costumes e tradicións asociadas ás festas do Nadal, favorecer a participación interxeracional en familia, e poñer en valor a importancia da conciencia social e da solidariedade nestes tempos.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra este venres un novo concerto do ciclo dirixido aos máis novos e ás familias a prezos reducidos
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu 20º aniversario esta temporada, na que está promovendo un maior achegamento da orquestra e a música clásica a novos públicos. Dentro deste propósito creouse o ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, unha serie de seis concertos repartidos ao longo da temporada, nun horario máis accesible para o público familiar e a un prezo reducido. Este venres, 11 de decembro, celebrarase un novo concerto no marco deste ciclo, baixo a batuta do mestre titular da agrupación,...
ALCALDÍA
O alcalde agradécelle a Helena Villar Janeiro "ter feito de Compostela unha cidade mellor"
O alcalde participou este mércores no acto no que Helena Villar Janeiro foi nomeada Socia de Honra de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. O acto desenvolveuse no IES Xelmírez I, instituto no que a escritora exerceu a docencia.
ACCIÓN CULTURAL
O colectivo de danza Los INnato presenta "NO/NATO" na sala Agustín Magán
Los INnato presentan en Compostela NO/NATO, dentro da programación de danza da Concellaría de Acción Cultural. Fano en dúas funcións, o sábado 19 e o domingo 20 de decembro, ás 20:30 horas.
FESTAS
O Concello realizará un sorteo para que os nenos e nenas da cidade acompañen aos Reis Magos como paxes reais durante a cabalgata
O Concello de Santiago abrirá o vindeiro 9 de decembro un sorteo para que os nenos e nenas de Santiago poidan acompañar aos Reis Magos na cabalgata do día 5. En total sortearanse 9 prazas para paxes reais, destinadas a rapaces de entre 12 e 16 anos.
TURISMO
O Mercado da Estrela amplía a súa oferta e celebra esta fin de semana a súa 4ª edición
Chega a cuarta edición do Mercado da Estrela, o festival do talento galego que se celebrará este sábado 12 e domingo 13 no Museo do Pobo Galego, a Zona C, a Praza 8 de Marzo e a Cantina Gourmet. Amosará un atractivo abano de agasallos de Nadal pertencentes a medio centenar de marcas galegas, unha variada programación lúdico-cultural de balde para todas as idades, e unha ampla oferta gastronómica nos seus dous espazos de restauración.