LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc, en concerto no Auditorio de Galicia
Chega ao Auditorio de Galicia Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc, dentro do programa FalaRedes da Xunta de Galicia. Será este sábado 20 de maio, ás 18:30 horas, con entrada de balde previa retirada de localidades no Teatro Principal e o día do espectáculo, a partir das 17:30 horas, no propio Auditorio.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local destina 360.000 euros a bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares
A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. O alcalde, Martiño Noriega, salientou que o Concello destinará a estas axudas un total de 360.000 euros, a mesma contía que no curso pasado, "cando se duplicou a partida prevista inicialmente para atender a todas as demandas". Ademais, sinalou que "de ser necesario, aínda se podería aumentar esa partida orzamentaria, co obxectivo de que ningunha persoa que o...
MEDIO AMBIENTE
O Goberno presenta un plan para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% ata o ano 2030
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou esta mañá o Plan de Acción para as Enerxías Sostibles, PAES, que será sometido á aprobación da Corporación municipal no pleno que se vai celebrar esta tarde. Xan Duro lembrou que o Concello de Santiago adheriuse en marzo de 2016 ao Pacto entre Alcaldes polo Clima e a Enerxía, "e con esa adhesión asumiu o compromiso de presentar este plan nun prazo máximo de dous anos".
ALCALDÍA
Nace a SELIC, a Semana do Libro de Compostela
A praza da Quintana acollerá, do 2 ao 11 de xuño, a primeira Semana do Libro de Compostela, SELIC, impulsada polo Concello de Santiago en colaboración co propio sector. O alcalde presentou hoxe esta cita, "que nace coa intención de amosar o enorme potencial editorial e literario da capital galega", nun acto no Salón Vermello do Pazo de Raxoi no que estivo acompañado por David Cortizo, de Urco Editora, e Loaira Martínez, da libraría Ciranda.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais de entre 5 e 14 anos ofrecerá un concerto este sábado no centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago, préstalle unha atención especial á formación musical dos máis pequenos. Este ano académico celebrouse unha nova edición do curso de corda para nenos e nenas, centrado nas especialidades de violín e violoncello. Búscase así que as xeracións máis novas de músicos/as teñan a oportunidade de mellorar os seus coñecementos e a práctica en relación a estes instrumentos.
PLENO
Aprobada a suspensión temporal de licenzas no antigo Colexio Peleteiro e na Finca do Espiño
O Pleno da Corporación municipal aprobou hoxe a suspensión temporal da concesión de licenzas en dous ámbitos emblemáticos da cidade: o vello Colexio Peleteiro e a parte privada da Finca do Espiño. Nos dous casos, a medida está relacionada coa decisión de modificar a actual ordenación urbanística que lle afecta.
PLENO
Visto bo inicial á xestión da ORA e do guindastre a través de Tussa
O Pleno da Corporación deulle hoxe o visto bo inicial á asunción, por parte da sociedade municipal Tussa, da xestión directa da ORA e do guindastre. A proposta do grupo de Goberno contou co respaldo do BNG, mentres que o PSOE optou pola abstención e o PP votou en contra. O acordo aprobado hoxe será sometido a exposición pública polo prazo dun mes. Ademais, establece que non se adoptará ningunha decisión definitiva sobre a xestión directa do servizo ata que se resolva o procedemento xudicial que lle afecta.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
En marcha unha nova edición do programa "Vive o Verán" nos centros e locais socioculturais
A concelleira de Centros Socioculturais presentou hoxe unha nova edición do programa Vive o Verán, que pon en marcha este departamento co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar durante o mes de xullo. Concha Fernández explicou que a programación, que se desenvolverá nas mañás do mes de xullo, de luns a venres, pretende "converter as aulas de xogo dos centros socioculturais e os espazos naturais da súa contorna en lugares de encontro para o lecer estival, a socialización e o desfrute do ocio e...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música ofrece un concerto este sábado en Praterías con motivo das Letras Galegas
Este sábado 20 de maio, ás 12:30 horas, a praza das Praterías acollerá o Concerto do Día das Letras Galegas que tradicionalmente organiza a Escola Municipal de Música, iniciativa que se vén sumar á ampla programación cultural e educativa da nosa cidade e que ten como centro de interese a vida e obra do escritor Carlos Casares.
MEDIO AMBIENTE
Os locais de hostalería da zona histórica estrean un servizo de recollida de vidro porta a porta
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe un novo servizo para a recollida de envases de vidro porta a porta, que se porá en marcha o próximo luns nos locais de hostalería da zona histórica. Xan Duro estivo acompañado na rolda de prensa polo xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández.