ALCALDÍA

O alcalde explica á veciñanza de San Ignacio de Loyola o plan municipal para instalar ascensores e rehabilitar as vivendas

04/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores cunha representación da veciñanza de San Ignacio de Loyola, á que lle explicou o proxecto para mellorar a accesibilidade deste conxunto de vivendas mediante a instalación de ascensores, así como os avances para sacar unha convocatoria que lles permita a estes veciños e veciñas acceder a axudas para a rehabilitación das súas vivendas.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago recibe 64 solicitudes no marco do programa de axudas destinadas á rehabilitación dos inmobles da cidade histórica

04/03/2020

Este pasado luns, 2 de marzo, remataba o prazo para presentarse á convocatoria de axudas que ten en marcha o Consorcio de Santiago co fin de mellorar os edificios da cidade histórica compostelá. Trátase do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios e que inclúe ademais as actuacións sobre os elementos especiais de madeira e reixas. O organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe global de 300.000 euros.

Ler máis

ALCALDÍA E MOBILIDADE

Máis de 1.400 escolares pasarán polo Parque de Educación Viaria de Amio durante marzo e abril

03/03/2020

O Parque de Educación Viaria instalado no recinto feiral de Amio recibirá nestes meses de marzo e abril a visita de 1.450 alumnos/as de 25 centros educativos de Compostela. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e de Educación, Noa Díaz, visitaron esta mañá unha destas sesións prácticas nas instalacións.

Ler máis

CONSORCIO

O músico catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquesta Sinfónica de RTVE, impartirá clases a músicos/as galegos/as

03/03/2020

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais dos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos ao centro.

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba un orzamento de case 117 millóns de euros para 2020

02/03/2020

O Pleno da Corporación aprobou este luns, nunha sesión extraordinaria, o orzamento municipal para 2020, que ascenden a 116.975.595,33 euros, o que supón un incremento do 6,46% respecto a 2019. As contas saíron adiante cos votos favorables do Goberno municipal e a abstención de Compostela Aberta. PP e BNG votaron en contra.

Ler máis
Compartir: