CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia comeza a nova temporada no Auditorio con arias de óperas dos grandes compositores do xénero
A nova temporada da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia comeza con arias de óperas dos máis grandes compositores deste xénero, Mozart, Rossini e Donizetti (Don Giovanni, O barbeiro de Sevilla, Lucrecia Borgia ou Anna Bolena, entre outras). Esta nova temporada de concertos está caracterizada polas novidades, a grande variedade de estilos, obras e autores e a aposta por continuar reforzando a proximidade da orquestra co público.
ALCALDÍA
O Nobel de Física Eric Cornell pasou polo Concello e asinou no Libro de Honra
A alcaldesa en funcións, Amelia González Brandariz, recibiu o profesor Eric A. Cornell, Premio Nobel de Física en 2001, de visita na cidade no marco do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago, patrocinado polo Consorcio e pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). O científico asinou no Libro de Honra.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición para as Xornadas Formativas Santiago Investors Support do mes de outubro
A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición, a través da súa web cersiaempresa.org, para as dúas xornadas formativas que se desenvolverán durante o mes de outubro dentro do programa Santiago Investors Support. As xornadas, gratuítas, destínanse a emprendedores, traballadores e estudantes universitarios ou de formación profesional.
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España concede o seu premio á Fundación Barrié
O alcalde compostelán asistiu en Ávila á xuntanza extraordinaria da Asemblea de Alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Nesta reunión, a proposta de Ángel Currás, aprobouse por unanimidade a concesión do premio do Grupo á Fundación Barrié de la Maza, pola súa defensa e apoio ao patrimonio, en particular polo traballo de restauración que esta levando a cabo no Pórtico da Gloria da catedral compostelá. O alcalde comunicoulle persoalmente esta decisión ao...
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O mércores 18 remata o prazo de presentación de solicitudes de subvencións ás asociacións veciñais para 2013
O mércores 18 de setembro remata o prazo de presentación de solicitudes de subvencións ás asociacións veciñais. As bases da convocatoria pódense consultar nesta web municipal e tamén no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 29 de agosto. A partida total para estas axudas ascende a 64.800 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Semana Cultural da Rocha pon en valor un ano máis a riqueza patrimonial do barrio
A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis na Semana Cultural da Rocha, que cumpre a súa IX edición. Organizada polas sempre activas Asociación Cultural A Rocha Forte e Asociación de Veciños da Rocha Vella "Serafín Zas", desenvolverase no Local Sociocultural da Rocha do 24 ao 28 de setembro.
ALCALDÍA
Acuñada a moeda de Adro Vello, a primeira de curso legal que representou a translación do Apóstolo no século XII
A alcaldesa en funcións, Amelia González, recibiu unha reprodución da moeda de Adro Vello, que foi cuñada nun acto simbólico celebrado no Hostal dos Reis Católicos e organizado pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
CULTURA
A primeira edición de Sons Tránsitos, do 10 ao 12 de outubro no Teatro Principal
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou e a directora do festival, Maruchy Suárez, presentaron esta mañá en rolda de prensa Sons Tránsitos, o festival da diversidade cultural, unha proposta itinerante que chega a Santiago con artistas do talle do brasileiro Chico César ou o castelán leonés Eliseo Parra, entre outros.
TURISMO
Bandeirolas das 13 cidades Patrimonio da Humanidade de España ondean xa na fachada da Secretaría de Estado de Cultura
Dende esta mañá e o longo de todo o mes de setembro, bandeirolas coas fotografías e os nomes das 13 cidades españolas incluídas na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO que forman o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presidirán a fachada principal da Secretaría de Estado de Cultura na madrileña praza do Rei.
TURISMO
Os alcades de Santiago e Tanabe reforzan a promoción conxunta de ambas cidades
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, desprazáronse á cidade de Tanabe, onde se reuniron coas autoridades locais. Tanabe é o destino de referencia do Camiño de Kumano que, xunto co de Santiago, son as únicas rutas de peregrinación declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Tras a reunión, Ángel Curras tivo a oportunidade de presentar a cidade ante os medios de comunicación locais.