FESTAS
O espectáculo dos Fogos do Apóstolo incluirá tamén proxeccións sobre o Pazo de Raxoi
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio Acciona Producciones y Diseño, Javier Sánchez, presentaron os Fogos do Apóstolo. Nesta edición, as proxeccións repartiranse entre a Catedral e o Pazo de Raxoi, combinadas coa música e a pirotecnia para crear un espectáculo envolvente.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música dedica á zarzuela o seu concerto deste xoves
A Banda Municipal de Música de Santiago dedicará o concerto deste xoves 16, ás 20:00 horas na praza das Praterías, á zarzuela. A temática repetirase no concerto do domingo 19, desta vez ás 22:00 horas na praza da Quintana.
COMERCIO
Reunión de Marta Lois coas asociacións comerciais Santiago Centro e Esperta Conxo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, continúa coa súa rolda de contactos coas asociacións de comerciantes da cidade. Desta vez puido conversar co presidente de Esperta Conxo, Xulio Turnes, e coa Fundación Santiago Centro, representada polo seu presidente, José María Fernández; a xerente, Sonia Quintáns; e o secretario, Delmiro Prieto.
FESTAS
O pregón da futbolista compostelá Verónica Boquete abre as festas do Apóstolo máis diversas, descentralizadas e abertas
As festas do Apóstolo arrancarán mañá venres co pregón desnde os balcóns do pazo de Raxoi a cargo da futbolista santiaguesa Verónica Boquete. Considerada unha das mellores xogadoras do fútbol do mundo, Boquete dará o pistoletazo de saída a 15 días de actividades, todas de balde, que compoñen un programa marcado por tres eixes: a diversidade, a descentralización e a apertura.
FESTAS
Aberta a inscrición para participar no XXXVI Día do Enxalzamento do Traxe Galego
O domingo 26 de xullo e dentro da programación das festas do Apóstolo, celébrase a XXXVI edición do Certame do Traxe Galego. Ata as 14:00 horas do 24 de xullo estará aberto o prazo de inscrición para participar neste evento, que premiará os mellores traxes.
ALCALDÍA
Martiño Noriega comprométese a darlles voz aos nenos e nenas de Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os nenos e nenas que están a participar no programa "Mañás de verán e de xogo" no Centro Sociocultural de Conxo. No salón de plenos, o rexedor foi o convidado a un programa televisivo no que os rapaces lle realizaron diversas preguntas.
ESPAZOS CIDADÁNS
A terceira fase das obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade de Vista Alegre incluirá a rebaixa de cotas da calzada demandada polos veciños do barrio
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, deu conta das modificacións que se introducirán no proxecto da fase III das obras de mellora da mobilidade e accesibilidade de Vista Alegre. Estes cambios recollen as demandas veciñais no relativo á rebaixa de cotas nas rúas Santa Comba, Noia e Bispo Diego Peláez. A intención do Goberno municipal é licitar canto antes este proxecto, co obxectivo de desenvolvelo en paralelo á fase I, incluída no programa Urbana Santiago Norte e que...
ACCIÓN CULTURAL
Bonaval acollerá a I Romaría Cativa
O parque compostelán de Bonaval acollerá o xoves da próxima semana, 23 de xullo, unha xornada moi especial dedicada ás nenas e aos nenos. Trátase da I edición da Romaría Cativa, un festival infantil enmarcado dentro da programación Artellando, das Festas do Apóstolo 2015, e que incluirá os concertos de Mamá Cabra e María Fumaça, o circo da Compañía Duelirium, a danza da Compañía Transpediante, obradoiros de percusión a cargo de Trópico de Grelos,...
ALCALDÍA
Alcalde e deán constatan o crecente fenómeno da peregrinación a Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co deán da Catedral, Segundo Pérez. Na xuntanza, cualificada como "cordial" por ambos, abordáronse cuestións como a acollida de peregrinos ou as obras da Catedral.
ALCALDÍA
Primeira toma de contacto do alcalde coa Asociación Hostalería Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cunha representación da Asociación Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos (Hospedaxe) e José Antonio Riveiro (Restauración).