ESPAZOS CIDADÁNS
Santiago de Compostela súmase ao manifesto "Polo Dereito á Mobilidade"
O concelleiro Jorge Duarte asinou o documento en Barcelona, xunto cos edís de Mobilidade doutras sete cidades do Estado.
ALCALDÍA
O Pazo de Raxoi recibe a visita dunha delegación da rexión xaponesa de Wakayama
Santiago de Compostela e a prefectura de Wakayama atópanse moi ligadas a nivel turístico polo Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.
EDUCACIÓN
Alumnos de Santiago realizarán un intercambio cun centro de Salamanca dentro do programa Aula de Patrimonio
Trátase da décimo primeira edición deste programa que, por primeira vez, inclúe a estudantes de secundaria.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de Montero Ríos e da avenida de Vilagarcía
O executivo aprobou a Fase III do proxecto de mellora da mobilidade no barrio de Vista Alegre. O alcalde deu conta en rolda de prensa deste e outros asuntos.
ALCALDÍA
O alcalde informou aos veciños de Vista Alegre do estado das obras no barrio
O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi a directiva da Asociación de Veciños de Vista Alegre, encabezada polo seu presidente, Antonio Puga. O colectivo veciñal trasladoulle a Martiño Noriega o malestar da veciñanza polo atraso na execución destas obras, e recoñeceu sair satisfeito das explicacións recibidas por parte do rexedor.
EDUCACIÓN
Un grupo de alumnos do colexio Junior's visita o Pazo de Raxoi
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, ensinoulle os distintos salóns do Concello a un grupo de alumnos do colexio compostelán.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Área Central acolle este sábado a feira de inventores "Compostela Maker Faire"
O Centro Comercial acollerá durante toda a xornada un escaparate de invencións, creatividade e inxenio pensado para todos os públicos.
ALCALDÍA
O presidente da Deputación, de visita institucional no Concello
Valentín González Formoso expresou o seu apoio á iniciativa liderada por Compostela para comarcalizar os servizos de Emerxencias. Martiño Noriega e o presidente da Deputación estudaron fórmulas para a apertura da ludoteca de Fontiñas.
ACCIÓN CULTURAL
Ábrese o prazo para inscribirse na viaxe termal a o balneario de Lobios
Os interesados poderán facelo a partir das 17.00 horas de hoxe xoves 15 de outubro, de forma prensencial nos centros socioculturais.
ACCIÓN CULTURAL
Nova sesión de baile no CSC do Castiñeiriño
Celébrase unha nova sesión do programa "Imos ao baile". A cita é este sábado 17 de outubro a partir das 17:30 horas no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.