ALCALDÍA

O alcalde abordará esta vindeira semana o futuro da intermodal coa conselleira de Infraestruturas e coa presidenta de Adif

12/07/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou hoxe que o mércores manterá unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. O día anterior reunirase en Madrid coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, nun encontro no que tamén estará presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. Entre os temas previstos na axenda, a estación intermodal e os convenios asinados entre as dúas entidades.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción ao embaixador de Eslovaquia en España

12/07/2019

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe o embaixador de Eslovaquia en España, Jaroslav Blasko, quen asinou no Libro de Honra do Concello. No acto tamén participaron os voceiros dos grupos municipais do PP, Agustín Hernández, e de Compostela Aberta, Martiño Noriega, así coma o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Julia Huete gaña o Undécimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas con "Thérèse soñando"

11/07/2019

Esta xoves entregáronse os Premios para Novos Artistas Auditorio de Galicia, nun acto no que se inaugurou a mostra que recolle os 35 traballos seleccionados de entre os 109 que se presentaron nesta edición. O 1º premio, valorado en 6.000 €, foi para Thérèse soñando, de Julia Huete; o 2º e dotado con 3.000 €, para Marcos Covelo, por Respiro hierro; e o 3º, de 2.000 €, para o Estudo para galiñeiro, de Roi Domínguez.

Ler máis

CONSORCIO

A Casa do Cabido exhibe a mostra "A paisaxe e a súa pegada", na que catro fotógrafos amosan a súa particular visión do Camiño

11/07/2019

No marco do proxecto expositivo Imaxinando Compostela, que o Consorcio de Santiago está a promover vencellado ao Xacobeo 2021, esta mañá inaugurouse unha nova mostra na Casa do Cabido. A paisaxe e a súa pegada I é a primeira parte dunha exposición que terá continuidade cunha segunda mostra que arrincará nos últimos meses do ano. Trátase da visión que catro fotógrafos teñen da paisaxe ligada a Compostela como meta e ao Camiño de Santiago: Alberte Peiteavel, Javier Teniente,...

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Entregados os premios do concurso Fotolingua

10/07/2019

A concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, entregou os premios da IV edición do do concurso Fotolingua. O acto tivo lugar no estudio Sondanza, onde Raquel Pombar realizou a fotografía publicada en Facebook que se fixo co premio do público. Tanto ela, como Xaime Varela, gañador do premio da organización, recibiron de agasallo unha tableta coa que continuar ampliando e divulgando o uso da lingua en Compostela e no mundo virtual.

Ler máis
Compartir: