CONSORCIO
Comezan as obras de mellora de accesibilidade no Teatro Principal
O Consorcio de Santiago promove as obras de mellora da accesibilidade e renovación do Teatro Principal, que comezan este luns, 11 de agosto, e que estarán dirixidas polos arquitectos da Oficina Técnica deste organismo. As inminentes tarefas van destinadas a solucionar os problemas e carencias actuais do emblemático edificio compostelán, aínda que, en xeral, o seu estado de conservación é bo. Os traballos adxudicáronse á empresa Elecnor Infraestructuras S.A. por un importe total de 59.541’04 euros e deberán realizarse...
TURISMO
A oficina de información de Turismo de Santiago superou xa as 100.000 consultas
A oficina de información de Turismo de Santiago superou o pasado sete de agosto as 100.000 consultas no conxunto do ano. En concreto, os informadores turísticos da oficina municipal atenderon 100.576 consultas entre o 1 de xaneiro e o 7 de agosto. Os turistas internacionais foron os que máis empregaron os servizos da oficina de información de Turismo de Santiago. No conxunto do ano, atendéronse 58.363 consultas de turistas foráneos, case o 60% do total, procedentes de 114 países distintos.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O servizo de rozas garante xa unha resposta máis eficaz ás necesidades de mantemento das marxes dos vieiros municipais
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, anunciou a adxudicación e posta en marcha do novo servizo de limpeza de marxes e drenaxes de vieiros, de sendeiros fluviais e de parcelas de titularidade municipal. Este contrato, de carácter anual, permitirá dar unha resposta áxil e eficaz, executando os traballos en función das necesidades que se vaian producindo e dunha programación mensual. O servizo prestarase fundamentalmente nos máis de 400 quilómetros de pistas rurais asfaltadas coas que conta Santiago de...
CULTURA
"Peor imposible", o novo espectáculo de Peter Punk, abre outra semana de Verán na Rúa
Verán na rúa comezará a semana co novo espectáculo do galego Peter Punk. O artista representa Peor imposible este luns 11, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. Esta función repetirase o venres 29 de agosto, á mesma hora, na praza de San Martiño Pinario.
DESENVOLVEMENTO URBANO E MOBILIDADE
A avenida de Coimbra será a vía alternativa para o transporte urbano durante as obras na rúa dos Basquiños
Os concelleiros de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, deron conta en rolda de prensa dos principais detalles e consecuencias para o tráfico e o transporte urbano da obra de reurbanización da rúa de Basquiños, no tramo comprendido entre as travesas de Basquiños e Pastoriza, cuxo comezo está previsto para a semana do 18 ao 24 de agosto. Os autobuses urbanos que transitaban por Basquiños terán agora que utilizar a avenida de Coímbra para...
CULTURA
"Supergalácticos", teatro cómico cos galegos Código Morsa en Verán na Rúa
Verán na Rúa continua enchendo as prazas de Compostela. Este venres, 8 de agosto, a compañía galega de teatro cómico Código Morsa representará Supergalácticos, un espectáculo de teatro especialmente dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos. Será ás 19:30 horas na praza de San Martiño Pinario.
ALCALDÍA
Concello e Xunta asinan o convenio que permitirá peonalizar a rúa da Carreira do Conde e integrala no parque da Alameda
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron esta mañá na Casa do Concello o convenio en virtude da cal se realizarán as obras de reurbanización da rúa da Carreira do Conde. Esta actuación ten un custo de máis de 640.000 euros, dos que 512.000 serán achegados polo departamento autonómico e, o resto, polo Concello.
CULTURA
"Fuenteovejuna", o clásico de Lope de Vega, baixo a mirada dos cataláns Obskené
A compañía catalá Obskené representa este xoves, ás 19:30 horas, Fuenteovejuna, breve tratado das ovellas domésticas. Teatro de rúa en Verán na rúa na praza da Quintana, para todos os públicos, pero especialmente recomendado para nenos e nenas maiores de 10 anos.
CULTURA
Noite Curta presenta as mellores curtas de Curtocircuíto 2013 na praza das Praterías
Noite curta é cine de verán ao aire libre programado e organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. A primeira proxección de curtas será este xoves e presentará os gañadores de Curtocircuíto 2013 na praza das Praterías ás 22:30horas. As proxeccións continuarán os días 14 e 21 de agosto.
ALCALDÍA
Santiago acollerá en setembro Compostela Gastronómica, I Festival da Cociña Galega
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou as liñas mestras de Compostela Gastronómica, primeiro Festival da Cociña Galega. O obxectivo do evento, organizado por Turismo de Santiago, é amosar as posibilidades dos produtos e da restauración de Galicia como atractivos turísticos. Para isto empregarase o Mercado de Abastos como plataforma de promoción xa que, ao mesmo tempo, é o segundo lugar máis visitado de Santiago e un lugar de referencia para os profesionais da gastronomía galegos. O evento...