ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello chama á participación cidadá para decidir a Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible
A Concellería de Espazos Cidadáns quere que a veciñanza participe na elaboración dun documento co que optará aos fondos europeos FEDER.
EDUCACIÓN
Santiago volverá acoller o Foro Emociona con 10 ponentes e máis de 1000 participantes
Terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro do Palacio de Congresos e Exposicions da cidade.
ALCALDÍA
A Deputación destina 636.000 euros para apoiar a cultura en Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asinou catro convenios e colaboración para o financiamento de distintas actividades culturais na cidade.
CONSORCIO
A cidade de Santiago participa nun proxecto europeo destinado a mellorar a sostibilidade enerxética dos barrios
É unha das tres urbes europeas elixidas como caso de estudo, xunto con Frankfurt e Budapest.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia inaugura ‘Salto de páxina. O libro de artista no século XXI'
A mostra, organizada polo Auditorio de Galicia e SabadellGallego, recolle un collage único de libros de artista, fotolibros e bibliofilia contemporánea procedente da colección Banco Sabadell e ArtsLibris. Poderá visitarse até febreiro de 2016 no horario habitual da sala de exposicións (de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h, menos os días de concerto que pecha ás 19.00 h).
ORZAMENTOS E MOCIDADE
Mocidade terá un orzamento participativo de 100.000 euros para o próximo ano
Permitirá construir unha rede de participación cidadá para a elaboración dun orzamento participativo global para o 2017.
ACCIÓN CULTURAL
A Central Folque presenta a súa oferta formativa para o novo curso
A Escola de Música Popular e Avanzada introduce importantes novidades no seu plan de estudos. Os prezos de matrícula baixan sensiblemente grazas ás axudas do Concello e da Deputación da Coruña.
TURISMO
O Womex encherá Compostela de músicas do mundo en outubro de 2016
WOMEX 16 terá lugar do 19 ao 23 de outubro na Cidade da Cultura e en varios espazos da Zona Vella de Santiago. A edición de 2014, que tamén se celebrou en Santiago, acadou un récord de stands e un crecemento da asistencia dun 6,66%: 2.400 delegados (+6,66%) e 1.470 empresas (+16,66%) encheron Compostela durante cinco días.
TURISMO
O foro FairWay clausura a súa primeira edición con éxito de participación
O primeiro foro sobre o Camiño de Santiago, que se celebrou na Cidade da Cultura, recibiu a visita de 5.000 persoas.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Compostela Maker Faire enche Área Central de creatividade e innovación
A feira de inventores sorprendeu ao numeroso público que participou nas actividades que se prolongaron durante toda a xornada.