EDUCACIÓN
As obras do FEESL nos centros escolares estarán listas para o comezo do curso escolar
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou as obras que se están a realizar en catro centros escolares da cidade no marco do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL 2010). En total, estanse a realizar actuacións en 17 centros, cun investimento total de 900.000 euros.
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de preinscrición e matrícula da Escola Infantil de Tras Parlamento
O venres 30 de xullo publicouse o anuncio da resolución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do prazo de preinscrición e matrícula de usuarios/as da escola infantil de Tras Parlamento. O prazo é do 2 agosto ao 10 de setembro e as instancias deberán presentarse na Escola Infantil de San Roque ou na do Tambre.
COMERCIO
Oikos, Como pez en el agua e Óptica Pontecastro, premiados na edicion de verán do Concurso de Escaparatismo
Oikos Mobiliario, Como pez en el agua e Óptica Pontecastro, son, por esta orde, os tres establecementos premiados na edición de Verán do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.