FESTAS

Sorteados os convites para presenciar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo

19/07/2019

Xa se coñecen os nomes das 15 persoas gañadoras dos convites dobres para presenciar, cos/coas seus/súas acompañantes, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos. Estas 30 persoas tamén poderán asistir ao concerto previo da Real Filharmonía de Galicia. Nesta edición recibíronse 1.410 formularios de participación.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Santiago de Compostela achega a Coímbra (Portugal) a súa experiencia como Cidade Europea da Cultura

19/07/2019

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa este venres e mañá sábado en Coímbra (Portugal) no seminario "Europa das cidades. Europa da cultura", xunto con representantes das cidades de Aix-en-Provence e Poitiers (Francia), Esch-sur-Alzette (Luxemburgo) e Salamanca (España). O alcalde de Coímbra, Manuel Machado, recibiu as delegacións destas cinco urbes.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Peter Tscherkassky, Joan Fontcuberta e Laura Huertas Millán, primeiros nomes do festival Curtocircuíto 2019

18/07/2019

O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela anuncia os primeiros nomes da súa 16ª edición, que se celebrará entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. Trátase do cineasta e teórico austríaco Peter Tscherkassky, a quen se lle dedicará unha retrospectiva; do fotógrafo e ensaísta Joan Fontcuberta, convidado a presentar unha Carta Branca e a dar unha clase maxistral; e da artista e cineasta franco-colombiana Laura Huertas Millán, que protagonizará a sección Púlsar....

Ler máis

FACENDA

O Goberno local presenta un orzamento "técnico" para atender "necesidades inaprazables" por máis de 8,6 millóns de euros

18/07/2019

A concelleira de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentou esta tarde os orzamentos que se levarán a unha Xunta de Goberno extraordinaria convocada para mañá venres e que hoxe mesmo se lle entregaron ao resto dos grupos municipais. O obxectivo destas contas, indicou, é "atender as necesidades inaprazables que non poden ser cubertas con cargo aos orzamentos prorrogados de 2018, cuantificadas en máis de 8,6 millóns de euros".

Ler máis
Compartir: