POLÍTICAS SOCIAIS

Santiago acollerá o XVII Encontro Institucional da Fundación Secretariado Xitano

17/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse esta mañá na Casa do Concello coa Fundación Secretariado Xitano, para coñecer o programa do XVII Encontro Institucional da devandita entidade, que se celebrará na Hospedería de San Martiño Pinario os días 10, 11 e 12 de marzo.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca o compromiso de Domingo García-Sabell con Galicia, con Europa, coa liberdade e coa democracia

15/02/2020

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe, no acto homenaxe a Domingo García-Sabell, o "seu compromiso con Galicia, con Europa, coa liberade e coa democracia". Foi durante a IX Asemblea Xeral da Irmandade da Sanidade Galega, celebrada no Pazo de Fonseca, minutos despois de descubrir unha estatuta cunha placa na memoria do insigne galeguista.

Ler máis

ALCALDÍA

Reunión do alcalde co presidente da Fegamp

14/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela. Foi a primeira visita deste ao Pazo de Raxoi tras a súa elección como titular da Fegamp o pasado mes de novembro, e unha oportunidade para repasar asuntos que preocupan aos concellos como o financiamento ou a asunción de competencias impropias.

Ler máis

ALCALDÍA

O proxecto de orzamento 2020 será aprobado pola XGL este luns e sometido ao Pleno o 2 de marzo

14/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o proxecto de orzamento municipal será levado a unha Xunta de Goberno Local extraordinaria prevista para o vindeiro luns, 17 de febreiro, ás 10:30 horas. De acordo cos prazos legais previstos, sinalou, o documento someteríase ao ditame da comisión informativa de Facenda o 26 de febreiro e levado para a súa aprobación inicial a un pleno extraordinario o 2 de marzo.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

O concelleiro de Seguridade Cidadá visita a Agrupación de Santiago de Voluntarios de Protección Civil

13/02/2020

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, reuniuse este xoves, na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, co director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; e co subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandes. O obxectivo do encontro é lograr unha mellor optimización dos recursos humanos e materiais con vistas ao Ano Santo.

Ler máis
Compartir: