ALCALDÍA
O alcalde demanda un "reparto xusto" dos fondos para as liñas aéreas que atenda ao peso de cada aeroporto e á rendibilidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reclamou un "reparto xusto" dos fondos que destine a Xunta de Galicia para financiar conexións aéreas nos aeroportos galegos. Neste sentido, demandou que se teña en conta "o peso específico de cada aeroporto e a rendibilidade do investimento en cada un, tendo en conta que o obxecto principal é o turismo".
CULTURA
Ábrese o prazo para participar en Curtocircuíto 2011
O sábado 20 de novembro comeza o prazo de envío de curtametraxes para participar no VIII Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, unha iniciativa da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais que terá lugar do 6 ao 15 de maio de 2011.
ALCALDÍA
Entregado en Compostela o Premio Patrimonio 2010 á Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campoó
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España levou a cabo en Raxoi o acto de entrega do Premio Patrimonio 2010, outorgado á Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campoó. O presidente da devandita Fundación, José Mª Pérez González "Peridis", recibiu o premio de mans de Fernando Clavijo Batlle, actual presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna. Á cerimonia tamén acudiron os alcaldes de Santiago, Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Cuenca e...
CULTURA
Sons da Diversidade trae sete novas ofertas musicais, dende Laponia ata o Congo
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a programación completa do ciclo Sons da Diversidade, que nos achegará -coma todos os anos- músicos de calidade procedentes de diferentes culturas do mundo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Produtores, técnicos e consumidores participan nunha xornada informativa sobre comercio electrónico e agricultura ecolóxica
O 19 de novembro celébrase no Centro Sociocultural do Ensanche a xornada GranxaFamiliar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico. Destinada a produtores/as, técnicos/as e consumidores/as, ten como obxectivos impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das novas tecnoloxías da comunicación e da información no medio rural galego, co fin de mellorar a calidade de vida e por en valor a cultura rural.
ALCALDÍA
David Attemborough recolleu o Premio Fonseca 2010 e visitou o Concello
O naturalista David Attenborough, un dos pioneiros en realizar documentais de natureza, recolleu nun acto público o Premio Fonseca 2010, convocado polo Consorcio de Santiago e a USC no marco do Programa ConCiencia. Este divulgador científico inglés colleu así o relevo de Stephen Hawking e James Lovelock, premiados nas dúas primeiras edicións.
CULTURA
Cineuropa estrea o filme "Cancións de pedra"
Cineuropa proxectou en estrea mundial Cancións de pedra, a primeira longametraxe do director compostelán Alejandro Goris. O filme, que "mestura de ficción e realidade", en palabras do seu realizador, reflicte a vida cotiá de "cinco autores que tocan nas rúas de Santiago e teñen en común que hai algo que os atrae e retén na cidade: son almas atrapadas en Compostela".
ALCALDÍA
O pavillón do Monte dos Postes estrea instalacións totalmente renovadas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras realizadas no CEIP Monte dos Postes. Financiada con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, esta actuación permitiu una renovación a fondo desta instalación deportiva.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela reúne un ano máis o mellor do squash internacional
A pista de cristal instalada no centro comercial Área Central acolle unha nova edición do Torneo Internacional de Squash "Cidade de Santiago". O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os organizadores e algúns participantes desta competición, que se celebra do 15 ao 20 de novembro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle un taller de iniciación ás novas tecnoloxías
A Concellería de Participación Cidadá organiza un taller de iniciación ás novas tecnoloxías na nova aula de informática da Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3). Aínda quedan prazas vacantes para este curso gratuíto, dirixido a adultos de calquera asociación. Comeza mañá xoves.