CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realiza traballos de mantemento no Teatro Principal
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, está a realizar diferentes traballos de mantemento no edificio do Teatro Principal, situado na rúa Nova. As obras, executadas pola empresa Neorsa, terán un custo de 100.878 euros e consistirán principalmente en eliminar humidades e arranxar o escenario e os almacéns.
CONSORCIO
A violinista Ildikó Oltai interpreta a Bartók xunto á Real Filharmonía de Galicia
Continúa o ciclo de concertos da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, nesta ocasión coa violinista Ildikó Oltai como protagonista. Oltai forma parte da plantilla da propia Filharmonía dende o seu nacemento, polo que o recital será moi especial para todos os integrantes da orquestra compostelá. Baixo a batuta do mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará o segundo concerto para violín do compositor húngaro Béla Bartók.
TURISMO
Xosé M. Iglesias recorda que Incolsa liderou os convenios que permitiron que Lavacolla medrara ata os dous millóns de pasaxeiros
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, repasou en rolda de prensa as principais actividades de Incolsa no último par de anos, responsabilizou á Xunta de Galicia da perda de conexións internacionais en Lavacolla por primeira vez en trinta anos e defendeu a profesionalidade dos técnicos da empresa municipal Incolsa.
ALCALDÍA
A Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia abren as súas portas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de apertura da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura, presidido polos Príncipes de Asturias. Tamén participaron, entre outros, a ministra de Cultura, Ángeles González Sinde, ou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ademais do arquitecto, Peter Eisenman.
SANIDADE
O Refuxio de Bando pon en marcha unha nova campaña de adopción de animais
A Casa das Asociacións de Cornes acolleu a presentación dunha nova campaña de adopción de animais do Refuxio de Bando con imaxes de voluntarios que prestaron as súas fotografías desinteresadamente. O concelleiro de Sanidade, Andrés Fariña, apelou a colaboración da cidadanía, pois o Refuxio, mancomunado –nel participan os concellos de Oroso, Ames, Vedra, Brión e Teo- está nunha situación difícil, "cunha cantidade excesiva de animais", intentando "estirar ao máximo a ordenanza...
ALCALDÍA
O alcalde estima que a suspensión temporal das conexións internacionais de baixo custo suporá 30.000 viaxeiros mensuais menos
Na súa primeira rolda de prensa de 2011, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa preocupación polos efectos que para o turismo terá a supresión temporal a partir do 10 de xaneiro das conexións internacionais de baixo custo, "algo que sucede por primeira vez dende que se asinaran os convenios en 2005 os convenios coas liñas de baixo custo".
MEDIO AMBIENTE
O Concello recollerá as árbores de Nadal para a súa recuperación e reutilización
A partires do luns día 10 e ata o venres 14 de xaneiro, ambos incluídos, a Concellería de Medio Ambiente realizará a recollida das árbores de Nadal que poidan ser recuperadas.
FESTAS
Os Reis Magos repartiron caramelos e ilusións baixo a choiva entre os nenos e nenas de Santiago de Compostela
Un Nadal máis e malia a intensa choiva, as familias compostelás saíron á rúa para participar na tradicional Cabalgata de Reis. As súas Maxestades repartiron ilusión entre os máis novos, que os seguiron no seu percorrido ata a praza do Obradoiro.
CULTURA
A música e a palabra solidarias volven ao Principal na VI edición de "Implícate"
A organización non gobernamental galega Implicadas no Desenvolvemento organiza unha nova edición de Implícate, noite de música e palabra solidarias. O Teatro Principal acolle o domingo 9 de xaneiro, ás 20.30 horas, a sexta edición deste festival, no que creadoras e creadores dos campos da música, a literatura, o teatro, a danza e o circo ligan cooperación internacional e cultura galega e axudan dende o escenario a transmitir a mensaxe solidaria de Implicadas.
FESTAS
Unha comitiva de sete carrozas, un tren de fantasía e Bob Esponja acompañarán aos Reis Magos na súa cabalgata por Santiago
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa a Cabalgata de Reis, que se celebrará, como é habitual, durante a tarde do mércores 5 de xaneiro.