ACCIÓN CULTURAL

A mostra "Invisible Wom@rts" presenta no Auditorio de Galicia as creacións de 32 artistas europeas

29/10/2019

Do 30 de outubro ao 15 de decembro, a Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia convértese en sede da exposición itinerante do proxecto europeo Wom@rts. Tras o seu paso por Maribor (Eslovenia) e Vilnius (Lituania), a mostra Invisible Wom@rts arriba a Compostela para presentar os traballos de 32 artistas europeas que dialogan sobre O segundo sexo, de Simone de Beauvoir, no 70 aniversario da súa publicación.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Concello e Xunta convocan unha consulta aberta aos operadores económicos sobre a instalación de fibra óptica na zona vella

28/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe en rolda de prensa dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno local, entre os que destaca a toma de coñecemento da resolución conxunta do Concello e Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), pola que se aproba a convocatoria dunha consulta aberta para a despregadura de redes de telecomunicación baseadas en fibra óptica no conxunto histórico da cidade. Entre outros...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa celebra as voces femininas, críticas e de diversas orixes e xeografías na súa 33ª edición, que se celebrará entre o 7 e o 28 de novembro

25/10/2019

O festival Cineuropa centra este ano a súa mirada na visión e no cinema realizado por mulleres, que será fío condutor tanto de boa parte da programación da 33ª edición do festival como das súas actividades paralelas. A muller, a súa relación co cinema e a visión feminina serán protagonistas na sección oficial do festival e tamén terán unha forte presenza nas das seccións paralelas, as especiais, nas retrospectivas e nas mesas redondas que este ano completarán a...

Ler máis

EDUCACIÓN

Os nenos e nenas do Colexio da Barcia trasládanlles as súas inquedanzas aos mebros da Corporación

25/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Educación, Noa Díaz; a edil de Deportes, Esther Pedrosa; os voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e do BNG, Goretti Sanmartín, que é a representante municipal no Consello escolar do colexio; e a concelleira do grupo municipal popular, Beatriz Cigarrán, escoitaron de primeira man as solicitudes dos rapaces e rapazas do centro, que se interesaron polo labor dos concelleiros.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Colexio San Jorge preséntalle ao Concello o seu programa de concienciación ambiental

25/10/2019

Neste curso 2019-2020 o colexio San Jorge está a realizar o proxecto chamado "Cambiar o mundo tamén é cousa de nenos" ("Changing the world is up to children too") para facerlle ver á xuventude a importancia do coidado do planeta. Esta mañá presentáronllo ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; aos voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e do BNG, Goretti Sanmartín; á concelleira do grupo municipal popular, Beatriz Cigarrán; e á concelleira de Deportes, Esther...

Ler máis

ALCALDÍA

Os membros da Fundación A La Par culminan a súa peregrinación

25/10/2019

Tras percorrer 60 quilómetros, os membros da fundación A La Par foron recibidos no Obradoiro polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, polos voceiros dos grupos municipais do PP, CA e BNG, Alejandro Sánchez-Brunete, Martiño Noriega e Goretti Sanmartín; entre outros concelleiros da Corporación municipal.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo aposta por un parque comarcal de bombeiros no edificio de Salgueiriños

25/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aposta por un parque comarcal de bombeiros, o mesmo que a Xunta, di, aínda que está aberto a estudar outras alternativas "se fose preciso". O que si cómpre, sinalou en rolda de prensa, é unha solución definitiva á situación na que se atopa o servizo. Unha solución, afirma, consensuada entre Xunta, Concello, Deputación e os municipios da comarca. A opinión do rexedor é que o novo parque debe ubicarse no edificio de Salgueiriños, xa empezado.

Ler máis
Compartir: