SEGURIDADE CIDADÁ
Os bombeiros sufocan un incendio nun estabelecemento de hostalería da rúa do Vilar
As 13.38 horas de hoxe os Bombeiros de Santiago recibiron unha chamada que alertaba dun incendio no estabelecemento de hostelería Airas Nunes, na rúa do Vilar. Ata o lugar desprazáronse dous camións.
ALCALDÍA
O alcalde recibe as promesas compostelás de Loita Olímpica
O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi os participantes santiagueses no Campionato de España de Loitas Olímpicas da categoría cadete, catro dos cales obtiveron medalla.
ALCALDÍA
Santiago, homenaxeada nas festas da Pascua de Padrón
Un ano máis, a corporación compostelá co alcalde á cabeza, trasladouse á veciña vila de Padrón, con motivo da celebración do Día de Santiago nas festas de Pascua.
EDUCACIÓN
Ismael Ramos, Concepció Rubert e Lucía Laíño gañan o premio Ánxel Casal nas modalidades de poesía, teatro e conto
Os membros do xurado do concurso literario Ánxel Casal, presidido pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, deu a coñecer os gañadores da XVI Edición, que neste caso recaeron en alumnos de colexios e institutos de Santiago, Noia e Boiro. En total presentáronse case 40 traballos chegados de toda Galicia.
OBRAS
O alcalde reúnese cos veciños do Castiñeiriño para falar da transformación do barrio
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro esta mañá cos veciños do Castiñeiriño, cos que departiu sobre as súas preocupacións e dúbidas ante a transformación urbanística que este barrio está a experimentar.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A concelleira de Normalización Lingüística chama á participación cidadá nos actos de celebración das Letras Galegas
Guadalupe Rodríguez, concelleira de Normalización Lingüstica e Participación Cidadá, presentou en rolda de prensa un avance dos actos programados polos departamentos que dirixe con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. As actividades centrais terán lugar o 17 de maio pero haberá máis ao longo de todo o mes.
ALCALDÍA
Enfesta lembra a súa historia como concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o libro Historia do Concello de Enfesta, escrito por Juan Lema e Henrique Neira e promovido pola Asociación de Veciños Ruta Xacobea.
CONSORCIO
O Consorcio aproba axudas para a Casa da Troia e para a rehabilitación de vivendas da Cidade Histórica por máis de 50.000 euros
O Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu hoxe a Comisión Executiva do organismo interadministrativo. Na reunión aprobáronse axudas á rehabilitación e mantemento de vivendas na Cidade Histórica de Santiago por importe de 23.851 euros, relativos aos diferentes programas de recuperación urbana desenvolvidos dende o Consorcio de Santiago: rehabilitación de vivendas e locais comerciais, rehabilitación de elementos singulares de madeira e programa de mantemento "Ter é...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que axiliza a apertura de determinados locais e actividades
A Xunta de Goberno local vén de dar luz verde ao proxecto de ordenanza que regulará a tramitación de actividades. Grazas a esta norma, determinados establecementos non precisarán de licenza de apertura, que será substituída por unha comunicación previa ou unha declaración responsable, dependendo dos casos, axilizando de forma considerable o proceso. O proxecto foi presentado en rolda polas concelleiras de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello achega máis de 50.000 euros a cinco entidades do ámbito sociosanitario
A sesión da Xunta de Goberno Local tamén deu o visto bo á convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar así como a axudas para a rehabilitación de vivendas e locais no Casco Histórico por importe de preto de 30.000 euros.