TURISMO
Santiago e Tanabe seguen estreitando lazos
Os concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Cultura, Ángel Currás, recibiron en Raxoi a Mari Kawabata, directora de Turismo da Prefectura de Wakayama, e Brad Towle, director da Oficina de Turismo do Camiño de Kumano.
ALCALDÍA
O Cersia incorpora unha aula multimedia
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inauguraron a Aula Multimedia do Cersia, incluída na Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica).
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á viuva de Fernando Múgica, María Pilar de las Heras
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a viúva de Fernando Múgica, María Pilar de las Heras.
ALCALDÍA
Todo listo para o comezo das obras de remodelación da Praza de Abastos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa directiva da Praza de Abastos, encabezada pola xerente, Marta Rey, e o presidente da cooperativa da praza, José Fernández.
ALCALDÍA
O voluntariado do Dano Cerebral Adquirido reúnese en Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugurou no Paseo Central da Almaeda as V Xornadas de Voluntariado e Dano Cerebral, organizizadas pola Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) no marco do Ano Europeo de Voluntariado. Neste encontro reúnense 55 voluntarios e voluntarias de toda España, que colaboran de xeito habitual coas asociacións de familiares e afectados por Dano Cerebral Adquirido (DCA).
ALCALDÍA
Máis de 50 vehículos históricos desfilaron polas rúas e prazas da cidade
Os automóbiles clásicos volveron á cidade da man da I Concentración de Vehículos Históricos "Compostela Monumental". Máis de 50 coches participaron neste evento.
ALCALDÍA
O Concello e FEBE colaborarán en accións formativas de ocio responsable
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu o director executivo da Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), Bosco Torremocha de la Rasilla. Na reunión falaron de promover accións formativas dirixidas aos mozos para fomentar un ocio responsable.
CONSORCIO
O Museo da Catedral reabre logo dunha profunda remodelación
Logo de varios meses de obras o Museo da Catedral de Santiago reabre as súas portas con varias estancias renovadas e adaptadas ás últimas esixencias museísticas. Esta acción enmárcase dentro dos proxectos de posta en marcha do plan de obras do Plan Director da Catedral e foron financiados grazas ao programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago, xestionado dende o Consorcio de Santiago.
FACENDA
A concelleira de Facenda anuncia uns orzamentos municipais axustados, eficaces e con teito de gasto para 2012
O Concello de Santiago acumula unha débeda financeira de case 70 millóns de euros e ten outros 30 millóns de euros de facturas pendentes, segundo indicou en rolda de prensa a concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra. Estas cifras lévana a cualificar como "delicada" a situación das contas municipais, e de aí os axustes que está a realizar o Goberno municipal para "encauzar a situación económica".
CULTURA
"Fashion Victim", de Iván Prieto, permanecerá aberta unha semana máis
Fashion Victim, de Ivan Prieto, permanecerá aberta na Zona "C" unha semana máis debido ao éxito de público. Así, en lugar de pechar o domingo25, como estaba previsto inicialmente, pechará o domingo 2 de outubro e poderá verse en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas todos os días, agás o luns.