ALCALDÍA
Os 16 concellos de Área Santiago asinan un convenio para a promoción turística conxunta
O Pazo de Raxoi acolleu o acto de sinatura dun convenio de promoción turística conxunta de Área Santiago. No acto participaron alcaldes e concelleiros dos 16 concellos do grupo: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, Padrón, Oroso, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces, que suman máis de 200.000 habitantes. Tamén participou o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que comprometeu o apoio da institución aos proxectos que xurdan do Grupo.
CULTURA
O Ciclo de Lied cumpre 15 anos con tres cantantes de prestixio: Christoph Pregardien, Laurent Naouri e Dorothea Röschmann
Quince anos cumpre o Ciclo de Lied de Santiago, un certame único, e segundo en antigüidade en España. O ciclo foi presentado pola concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, e polo director – xerente do Auditorio de Galicia José Víctor Carou, que falaron dunha edición tan sinalada na que se contará con tres experimentados cantantes, especialistas no xénero e de recoñecido prestixio internacional como Christoph Pregardien e, debutando en Galicia, Laurent Naouri e Dorothea Röschmann.
CULTURA
A Banda Municipal de Música ofreceu un concerto no parque da Alameda
A Banda Municipal de Música ofreceu un concerto dominical no parque da Alameda. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, non quixo perderse esta actuación, ao igual que non faltou ao concerto ofrecido o día anterior no Espírito Santo con motivo das festas neste barrio.
DEPORTES
As rúas de Santiago acolleron a segunda edición da Marcha unificada de persoas con e sen discapacidade Special Olympics Galicia
A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu ao acto de inauguración da II Marcha ciclista unificada de persoas con e sen discapacidade, organizada por Special Olympics Galicia. Transcorreu polas rúas de Santiago e participaron 14 deportistas con discapacidade intelectual das entidades PRODEME, de Monforte, e ASPRONAGA, de Coruña, que estiveron acompañados polos clubs ciclistas Os do Monte Bravo, Club Ciclista Ultreia, Voluntarios Unificados e Deportistas Unificados de Special Olympics Galicia.
CONSORCIO
Inícianse as obras do retellado parcial do corpo claustral da Colexiata do Sar
O Consorcio de Santiago vén de iniciar as obras do retellado parcial do corpo claustral da Colexiata do Sar, que durarán tres meses aproximadamente e serán executadas pola empresa adxudicataria, Orega, cun presuposto de 54.651,66 euros, IVE incluído.
ALCALDÍA
O alcalde deu a benvida a Santiago de Compostela aos participantes no XXXVIII Congreso Europeo de Tiroides
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na Cidade da Cultura na recepción de benvida aos participantes na XXXVIII edición do Congreso Europeo de Tiroides, que se celebra na cidade do 6 ao 10 de setembro.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o proceso de contratación das obras destinadas a recuperar o palacete da Finca do Espiño para usos municipais
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, acordou o inicio do procedemento de contratación das obras de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño, edificio que terá un uso municipal. O importe de licitación será de 1.262.100 euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello mantén os prezos dos servizos de comedor e de madrugadores
Os prezos dos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello para este curso 2014-2015 serán os mesmos que os do curso pasado. Así o acordou a Xunta de Goberno, que tamén deu o visto bo ás normas xerais de uso deste servizo para o ano académico a piques de comezar.
XUNTA DE GOBERNO
Regulados os postos de venda ambulante de recordos e de xeados na cidade histórica
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno da regulación da venda ambulante autorizada na zona monumental. "Trátase de fixar a actividade comercial que se realiza na rúa e que, dende hai máis de cinco décadas se viña mantendo en precario", indicou.
ALCALDÍA
Acto académico de inauguración do curso universitario 2014-2015
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Educación, María José Corral, asistiron no Salón Nobre de Fonseca ao acto académico de inauguración do curso universitario 2014-2015.