CULTURA
"Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro", nova proposta dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o seguinte espectáculo do Bono de Teatro Galego e Portugués: Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro. Na rolda estiveron acompañados dos dous protagonistas do espectáculo, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira; o director musical, Fernando Reyes; así como polo director do mesmo, Quico Cadaval. En total serán catro funcións, do mércores 4 ao sábado 7 de...
ECONOMÍA
Santiago acollerá o 4 febreiro o evento empresarial "100 consellos para o 2015"
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e o director de "100 consellos para o 2015", Joaquín Dosil, presentaron este evento, dirixido a directivos e empresarios, que se celebrará durante a mañá deste mércores, 4 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
CULTURA
Oh Trío presenta o seu último traballo, "Cancionero Gallego", no ciclo Sons’15
Oh Trío ofrece un concerto este martes 3, ás 21:00 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea, enmarcado no ciclo Sons’15. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, na tenda Merlín e familia, na web www.madapro.es e no propio CGAC o día do concerto desde as 18:00 horas. Teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 o día do concerto.